O Mercado de Nadal no Calvario: postos de artesanía, agasallos e gastronomía
19 noviembre 2021
Organizado pola Asociación de Comerciantes do Calvario, estará instalado con 22 casetas ata o próximo 16 de xaneiro
Dende o pasado día 20 de novembro e ata o próximo día 16 de xaneiro están instaladas ao longo da peonil do barrio do Calvario 22 casetas con ambientación navideña onde os veciños e veciñas do barrio, así como os que nos visitan, poden realizar as súas compras e regalos para estas festas, imbuídos de todo o ambiente navideño que impregna á cidade de Vigo.
O mercado de nadal abrirá todos os días en horario comercial e, tal e como nos indican dende a Asociación de Comerciantes do Calvario, organizadores do evento, irá acompañado de múltiples actividades para todos os públicos ao longo dos meses de decembro e xaneiro.