Unha biblioteca do século XX no noso barrio

Alejandro Otero Davila un creador en Teis

Cando estamos a voltas coa futura biblioteca do barrio, que parece que por fin se vai facer realidade, atopámonos cunha nova, sorprendente e que des- coñeciamos. Grazas a amabilidade de Alejandro Otero Davila que tivo a xentileza de poñerse en contacto con nós, podemos informar que temos no noso barrio unha biblioteca privada pero que pode ser visitada por quen queira.
Despois de 86 anos, o 31 de decembro do 2021, cesou a súa actividade a última tenda de ultramarinos no noso barrio do Toural (Vigo). Tempos durante a Guerra e Posguerra, onde se cortaban os cupóns de racionamento, servíase por cuartillos, medio litro ou un litro, todo era por gramos e pezas soltas e os clientes en moitos casos mantíñanse polo caderno onde apuntaba todo o consumo que se facía, para pagar os sábados ou ao final de mes.
Ultramarinos, que permitían manter o corpo para poder render no traballo. Poucos son os pobos en Galicia que poidan dicir que non tiveron ou teñen, unha tenda de ultramarinos.
Pequenos comercios que tiñan de todo: aqueles produtos de primeira necesidade, que se terminaron en casa ou que se esqueceron á hora de realizar a compra.
A tenda do Toural cumpriu o seu labor nestes 86 anos de vida e hoxe aqueles andeis onde se expoñían os alimentos, comezan a alimentar o coñecemento, a formación e información, cunha biblioteca, especia- lizada no século XX. A tecnoloxía (desde a válvula sen carga ao transistor), todos os libros dos anos 60 e 70 do século pasado, incluídos os libros cos que, na ETEA, se formaban aos alumnos Mariñeiros e especialistas en Electricidade, Electrónica e Radio da Armada.
Toda a documentación da historia dunha compañía que permitiu resumila nun libro “Efemérides dun pro- xecto de Éxito”, (de Johann Gutenberga Chester S. Carlson) que no futuro algúns investigadores poderán dispoñer de toda esta información, cando teñan que realizar algún proxecto fin de carreira.
Historia de Vigo, moita literatura e historia. Para os máis novos literatura infantil e xuvenil dos anos 60 e 70. Cintas de vídeo, discos de películas, todos estes medios que foron a transición ao mundo dixital actual.
Sen tocar nada da tenda e utilizando as mesmas andeis cambiouse o produto, por outro menos perecedoiro e que nos permite activar as nosas neuronas; cun apartado nunha habitación, dedicada a mostrar a historia do computador, mostrando os primeiros Pécs, da historia e un audiovisual que nos permite situar no tempo toda esa historia.
Neste momento dispoñen de 6 sesións, tecnoloxía, historia de Vigo, literatura, literatura infantil e xuvenil, unha colección de revistas técnicas e de sociedade, dos anos 60 ao 90 do século XX.
Seniors Universitarios e Senado están presentes, cintas de vídeo, CDs de cine- ma e os equipos para poder visualizalas. Conta ademais cunha sonorización en alta fidelidade, para escoita música.
É unha biblioteca privada, que as persoas interesadas en coñecela poden facelo; seguramente será a primeira biblioteca privada no Toural (lugar onde vive Alejandro) e que permite ser visitada polas persoas interesadas.
A verdade que esta é unha grande noticia para todas aquelas persoas amantes das letras, da literatura e da investigación; ter un lugar coma este. Agardamos nalgún número posterior falar con Alejandro e mesmo rea- lizar nós mesmos unha visita a ese tan interesante lugar.
Deste importante feito xa se fixo eco días atrás o xornal La Voz de Galicia, no que se describía este lugar así como a propia historia deste emprendedor e da súa biblioteca tan singular.
As persoas ou colectivos que podades estar interesados en visitala, teredes que poñervos en contacto con Alejandro Otero Davila por teléfono ao 607 349 546 ou ben no propio enderezo Sanjurjo Badía, 174-2º o 176-2º.
Moitísimas grazas, Alejandro, por compartir con Aquí Teis a información sobre esta biblioteca e como non, parabéns por esta importante e educativa iniciativa.