O Concello atende aos maiores e persoas vulnerables

O Concello está a atender aos máis maiores que precisan dos servizos municipais como a Teleasistencia, o Servizo de Axuda no Fogar, o programa Coidadores de Barrio ou tamén con actividades de envellecemento activo. O goberno local atendeu en Teis e Calvario nestes servizos a case 1.500 persoas no último ano.
A teleasistencia municipal ten establecidos diversos protocolos de axenda para estar pendentes de situacións como ingresos ou traslados hospitalarios, recordatorios de tra- tamentos, seguimentos tras emerxencias, suspensións temporais, seguimentos especiais e incluso celebracións de aniversarios. A prestación municipal é gratuíta e non hai lista de agarda.

O programa de Coidadores de Barrio ten a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade por distintas razóns (enfermidade, mobi- lidade, saúde mental, etc.); en especial das persoas maiores con dificultades para realizar de forma autónoma as súas actividades na rúa, facilitándolles a integración no seu contorno.

O Concello tamén pon a dispor dos máis maiores acti- vidades de balde para o enve- llecemento activo, con obradoiros e actividades ao longo de todo o ano, viaxes pola ría, saídas turísticas guiadas a museos, cine, teatros e excursións.

O orzamento municipal de 2023 para Benestar Social chega aos 22,6 millóns de euros, con Axudas de Emerxencia sen límite para alimentos, pago de hipotecas, enerxía ou alugueiros. A partida total de Benestar Comunitario suma 56,6 millóns de euros, un 5% máis que en 2022.