A Vía Verde de Vigo xa é un sendeiro con distintivo medioambiental

Abel Caballero izou a bandeira “azul” na Vía Verde no mes de marzo. Este recoñecemento medioambiental fai que Vigo sexa a cidade de España con máis sendeiros azuis. “Transformamos unha vella vía de tren nun modelo de ocupación e de utilización no medio dunha cidade”, declarou o alcalde en rolda de prensa. Caballero amosou a súa satisfacción e dixo seguir apostando por conseguir máis recoñecementos.

A Vía Verde aposta pola mobilidade a pé e en bicicleta, con carrís diferenciados.Ten zonas de descanso, xogo e de utilización cidadá. Cunha lonxitude de 4,5 km, este sendeiro une o centro de Vigo ata o término municipal de Redondela. Unha vía que transformou a mobilidade en Teis.

Ao recoñecemento da Vía Verde repiten Camiño a Beiramar, Entre Faros nas Illas Cíes e na Senda Litoral e do Monte da Guía.
Actividades municipais en Coutadas “Queremos que a Vía Verde se constitúa nunha zona de paseo saudable, de exercicio saudable, de ocio e esparexemento. Con ese fin, ofreceranse alternativas de actividade física para diferentes grupos de poboación nas infraestruturas da “Vía Verde”, declarou o rexedor na presentación de actividades municipais na zona do parque biosaudable de Coutadas.

O calendario de accións é o que segue:
-Para persoas adultas e maiores do 4 de abril ao 12 de maio, os martes e mércores de 11:30-13:30 e de 17:30-19:30 e os venres de 17:30-19:30 h.
-Para as familias: o 4 e 5 de abril e o 17 de maio de 17:30 a 19:30 h.
-Para os centros educativos, colectivos e asociacións: do martes 4 de abril ao 31 de maio.