Andarela celebrou Fiando Miudo 2023 no marco da Festa da Alegría

A Asociación Folclórica Andarela celebrou a súa festa anual, Fiando Miudo, o pasado domingo 25 de xuño no marco da Festa da Alegría. No cruce de Urzáiz con Gregorio Espino, acompañados por numeroso público, exhibiron durante dúas horas todo o bo facer desta agrupación. A Asociación Folclórica Andarela fundouse no ano 1989 no seo do barrio do Calvario. Naceu como agrupación folclórica de danza tradicional e formouse con bailaríns e bailarinas procedentes doutras agrupacións da cidade e da súa bisbarra. Nos seus primeiros anos, Andarela participou en numerosos festivais nacionais e internacionais, acadando meritorios premios tanto a nivel colectivo como individual. Cabe destacar a súa participación no prestixioso Festival do Folclore do Mediterráneo en Murcia e nas Xornadas de danza tradicional de Santiago. Ao longo dos anos, a agrupación inicial de danza foi medrando, complementándose e incorporando un grupo instrumental de gaita e percusión, un grupo de canto e unha escola de baile. Actualmente Andarela funciona tamén como asociación cultural e veciñal. Presidida por Anxo Bastos Vázquez e acompañado na súa directiva por Raúl Fontán, David, Estela, Hilda, Anxo e Vitorino, mantén a identidade e vinculación a este barrio de o Calvario. No eido artístico Andarela é un referente de Vigo na difusión da música e danza tradicionais. As distintas seccións que a compoñen están dirixidas na actualidade po los profesores Marcos Vila, Marisé Balado e Iago García. Nas súas actuacións, Andarela procura achegar ao seu público un variado repertorio, espertar e mover sensibilidades positivas hacia a nosa cultura e trasladarlle a alegría que os seus músicos e bailaríns trasmiten desde o esceario.