Reivindicarnos
Está claro que estamos comezado a chamada época da recuperación. Fálase moito dos sectores que teñen que tirar pola economía e das liñas máxi- cas que terán que diri- xir o futuro da actividade económica futura.
Pero que ninguén se esqueza, porque sempre fomos nós, o comercio local quen iniciou e acompasou a reactivación. Porque xera- mos máis emprego, porque arrastramos ao consumo local e porque creamos tecido urbano alí onde estamos.
Os poderes públicos han de repetir unha e outra vez que comprar no comercio de proximidade é o salva- vidas que pode evitar que pechemos todos e que pode evitar que miles de postos de traballo se perdan. Non temos nada que dicir do Concello que acaba de botarnos unha man coa súa campaña, tamén a Xunta co bono do comercio, pero temos que seguir insistindo en todas as administracións de que ou se toman medidas para incentivar o consumo local ou non poderán aflorar os mecanismos precisos para a tal mencionada recuperación económica.
É normal que nos fogares exista un certo medo ao consumo. Todos tememos que veñan tempos peores, que haxa novas ondas na pandemia, que haxa novos ERTES, novas regulacións de emprego, e por iso hai unha certa tendencia ao aforro.
Mensaxes positivas, e clarificadoras, teñen que axudar a incentivar o consumo. Racionalización dos impostos, axudas ao consumo e mesmo rebaixas nos servizos que recibimos, poden ser medidas que contribúan a elevar a confianza dos consumidores.
Segundo datos da CEC (Confederación Española de Comercio) en España existen aproximadamente uns 450.000 pequenos e medianos comercios que dan emprego a máis de 1.5 millóns de persoas. Non son cifras calquera, son cifras que nos teñen que facer pensar, en que temos suficiente forza para reivindicarnos como un dos sectores máis dinámico e con máis efectividade na economía dun país, dunha autonomía ou dunha cidade.
Algunhas das medidas que se puxeron en marcha axudan, claro que si, pero teñen que ser máis permanentes e máis continuadas no tempo para que realmente fagan efecto nas maltreitas economías dos pequenos e medianos comerciantes.
En definitiva, quero dicir que temos que reivindicar unha e outra vez que somos un sector totalmente estratéxico, e que como tal nos teñen que tratar e atender as nosas demandas.
Demos cumprido exemplo disto na pandemia. O pequeno comercio foi quen de manter o seu servizo e a atención que no confinamento se precisaba, porque dimos exemplo de manter as normas, dimos exemplo de comercios seguros, lonxe das grandes aglomeracións que se daban nos grandes centros comerciais, e lonxe das grande mareas de ner- viosismo e abastecementos innecesarios, que se estaban a producir.
E claro temos entre todos que desenmascarar as grandes plataformas online, que non pagan impostos aquí, que non deixan ningún retorno económico e que ademais non poden ofertar nunca a mesma atención despois da venta que lle ofertamos dende as nosas tendas e comercios.
Por non falar tamén, das avantaxes medio ambientais que supón o non ter que utilizar transportes contaminantes para traernos os produtos a casa, e ter que consumir papel e máis papel con todos os embalaxes que se precisan.
Estas e outras razón, son suficientemente para que nos vendamos mellor, para que a nosa autoestima medre e sexamos que de reivindicarnos alto e forte como un dos sectores que máis podemos contribuír a reactivación da economía. Para iso se nos ten que tomar en serio. Moi en serio.