Barreiro, capital do pádel con Máis que Auga
O deporte adáptase ao medio. E cando se trata do medio urbán, o deporte do pádel é un exemplo de adaptación. Moitos06 afeccionados aos deportes de raqueta que empezaron de novos co tenis non dispoñen de adultos do tempo necesario para ir xogar a unha pista que normalmente queda fóra da cidade. Ademais, conforme un medra, tamén a esixencia dun deporte como o tenis excede as capacidades dos que volven ao deporte cando xa non son tan rapaces. E entón aparece o pádel.
Pistas de tamaño pequeno, agrupadas en complexos deportivos. Un xogo dinámico e rápido, que se adapta ben ao xogo individual ou en pare- lla. É así como o complexo deportivo Máis que Auga aterrou en Barreiro e fixo do barrio a capital do pádel en Vigo e unha instalación de referencia: unha das dez academias de pádel máis grandes de España.
E nestes anos o pádel non para de medrar: de 20 pistas en Vigo pasamos a máis de 100 nestes últimos 7 anos anos.
En Máis que Auga Barreiro xogan ao pádel mulleres e homes de todas as idades. Cun total de 800 alumnos inscritos en 2021 na súa academia, as instalacións ofrecen hoxe un aspecto agradable, integradas nunha zona urbana rodeada dunha privilexiada zona verde.
Cinco das oito pistas de pádel da instalación son cubertas, para xogar en calquera climatoloxía. Desde 2011 as pistas foron repetidamente adaptadas para incorporar algunhas melloras como os mu- ros de cristal e as luces led que melloran moito a funcionalidade e as sensacións do xogo.
Recentemente cambiouse tamén o piso das pistas cubertas, para substituír a moqueta por un céspede cor azul de última xeración.
Todo isto sitúa ao complexo de pádel Máis que Auga en Barreiro á cabeza das instalacións da cidade, só superadas polas instalacións de Máis que Auga Navia.
Progresar e competir
Máis que Auga é un lugar onde podes iniciarte, desenvolver ou progresar no pádel sexa cal sexa o teu nivel ou a túa idade. E sempre a prezos axustados para dispoñer dunha pista na instalación segundo os horarios.
Para facilitar o contacto entre xogadores e atopar sempre a alguén disposto a xogar, existe un grupo específico de whatsapp que coordina a unhas 1.700 persoas.
A academia de pádel funciona como o eixo da acti- vidade en Máis que Auga. A súa metodoloxía adaptada as idades e niveis permite progresar rapidamente e xogar desde o principio, cun grupo de adestradores profesionais implicados no desenvolvemento dos alumnos.
E, por suposto, cunha gama de competicións que van desde os campionatos sociais á Liga de pádel, na que xogan as fins de semana uns 250 participantes.
E para os niveis máis altos tamén hai equipos que compiten en series nacionais ou autonómicas: o Torneo Conce- llo de Vigo, xa unha referencia tras seis edicións; o Campionato provincial de Pontevedra ou o Torneo da Fundación Celta de Vigo.