Falemos de comercio
Neste número, e nesta sección, imos falar hoxe do comercio pero desde un prisma totalmente de actua- lidade. Que é o comercio propiamente dito? Que ca- racterísticas comerciais son as que hoxe temos que ter en conta para desenvolver esa actividade?
Se nos remontamos a anos atrás, veremos que as pautas comerciais e os usos dos usuarios cambiaron tremendamente. Tanto que aquelas liñas comerciais ou estratexias de ventas, estarían hoxe máis que desfasadas.
Todos nos lembramos daquelas tendas de barrio onde podiamos atopar de todo. Todos lembramos as nosas nais ou avoas levando a súa libreta na que se anotaba o que se levaba, para pagalo a fin de mes ou ao fin da semana.
Eran comercios familiares xa que todos se coñecían e mesmo se sabía a vida de cada quen. Nesas tendas está sen dúbida os primeiros antecedentes do que hoxe chamamos grandes almacéns. Co paso do tempo e co boom da re- volución comercial propiamente dita, cambiaron os usos e chegaron os “novos tempos”.
A amabilidade ou a confianza persoal, deu paso ao chamado marketing, para facer necesario todo aquelo que noutros tempos era “luxo”. O coñecemento persoal e case que familiar deu paso ao anonimato de quen compra incluso sen ser visto, ou a través dun simple ordenador.
Queda claro que hoxe en día, todo pasa por acertar, por saber o que realmente quere o cliente. Antes tiñamos bos produtos, de calidade e os ofertabamos porque sabiamos que se precisaban. Co novo quefacer comercial, hoxe é fundamental adaptar, incluso o noso negocio ao que nos demandan. Xa non temos porque desfrutar co que vendemos. É máis importante saber que vender.
Logo dinos os que máis saben disto, que temos que adaptar a nosa oferta para aqueles que realmente poi-dan adquirila; é dicir, o que vendemos non ten porque ser para todos.
Fundamental estar ao día nas novas tecnoloxías, non é tan valioso saber quen é o noso cliente o importante está en saber como chegar. Elaborar boas presen- tacións, conseguir efectos visuais ou emocionais que arrastren a comprar. Unha filosofía que nada ten que ver co que antigamente se traballaba naquelas tendas ou comercios.
Non queremos dicir que todo o novo sexa malo, non queremos dicir que haxa que volver ao pasado e non buscar novas fórmulas. Non, o que queremos expor desde estas liñas é que hai que buscar un equilibrio, temos que ser modernos e efectivos, sen necesidade de renunciar a nosa propia personalidade como comerciantes e como vendedores de seu.
O trato directo, a confianza no que vendemos e o coñecemento dos nosos clientes, non debe estar rifado nunca coa modernidade. Neste equilibrio é onde nos temos que distinguir das grandes áreas ou das grandes plataformas por internet.
Seguir adiante non é doado, competir cos grandes monstros tampouco; pero buscando as nosas fortalezas, que as temos, sere- mos quen de estourar co noso propio marketing e coas nosas propias armas.
A unión e a coordinación entre os diversos comercios dunha zona ou barrio, é un camiño ás veces pouco explorado e que pode darnos un sen fin de melloras. Compras conxuntas, servicios agrupados e mesmo ofertas complementarias son unha boa liña a establecer.
As asociacións de comerciantes parecen ir amenos e é un grave erro, a súa potenciación e un novo impulso na súa acción son sen dúbida elementos que axudarán a revitalizar o comercio e toda a súa actividade.