Entrevista ao alcalde de Vigo, Abel Caballero
Abel Caballero é o alcalde máis votado de España. En 2019 recibiu o voto de máis de 100.000 vigueses e viguesas, cerca do 70% do electora- do. Tras 16 anos de xestión, Caballero aspira a revalidar o apoio da cidade “porque con unidade Vigo é máis forte”.
– ¿Cómo se afrontan as eleccións tras tantos anos con un gran respaldo da cidade?
– Con entusiasmo e ganas de manter o avance de Vigo. Estas eleccións teñen que ser un reforzo da cidade, con un proxecto de unidade que é o que nos fixo chegar hasta o punto no que estamos.
– ¿Qué balance fai dos últimos catro anos?
– Vigo é unha revolución. Somos unha referencia. Alcaldes e alcaldesas e políticos de outros países toman Vigo como exemplo para levalos a cabo nos seus municipios. Revolucionamos a cidade co Vigo Vertical que está chegando tamén aos barrios e ás parroquias, temos un novo Balaídos que o converte en un estadio de primeiro ni-vel, humanizamos centos de rúas, melloramos os servizos, apoiamos as festas e ao comercio. O Nadal tense posicionado como o fenómeno turístico emerxente máis importante de Europa. Puxemos a Vigo no mapa.
– ¿Qué grandes proxectos se impulsarán no próximo mandato?
– O gran proxecto chámase Vigo. Para mín é igual de importante o HALO que poñer un banco que pide un señor ou señora. A dimensión de Vigo vai dende o máis pequeno detalle ata a obra máis grande que podamos facer. Gobernamos con e para a cidade. Por exemplo, sabemos que a cidade necesita un espazo para acoller eventos e concertos con un aforo entre 10.000 y 15.000 asistentes. Imos facer o Vigo Arena porque é imprescindible e confío en que esté finalizado antes dos próximos catro anos.
– ¿Qué importancia ten o Plan Xeral de Ordenación Municipal para Vigo?
– Toda. A nosa prioridade é aprobarlo canto antes. Esto desbloqueará proxectos como o da Panificadora, permitirá poñer en marcha máis espazos dotacionais para pabellóns deportivos e outras instalacións. O novo PXOM ten como eixo central a vivenda protexida. Están previstas 45.000 vivendas libres de especulación, das que 15.000 estarán sometidas a algún réximen de protección. A Xunta de Galicia fixo sobre 60 viviendas de protección dende o ano 2009 nunha cidade con 6.000 demandantes de vivenda pública. Un disparate. Nós imos a poñer a vivenda como un ben de primeira necesidade. Acabouse a especulación en Vigo para sempre. Ademáis, dende o Concello temos en marcha axudas para a instalación de ascensores ou outros elementos de accesibilidade en edificios e en breve comezará o prazo para solicitar axudas á rehabilitación.
– Outros partidos políticos en outras cidades queren copiar o programa Vigo en Inglés. Tamén Vigo é a única cidade de España que ten subvencionado os libros de texto este ano.
– Era unha obrigación por parte da Administración. A Xunta de Galicia debería ter pagado os libros de texto de tódolos alumnos e alumnas ante unha inflación desbocada. En outras comunidades autónomas o fan, mesmamente o facía a Xunta ata que Feijóo chegóu á Presidencia. Unha vez máis, tiven que exer- cer de presidente da Xunta en Vigo. 205 euros para cada mozo ou moza escolarizado en Vigo. O Vigo en Inglés é éxito. Que tódolos xóvenes teñan a oportunidade de aprender inglés é fundamental, pola internacionalización dos traballos e a economía. Antes solamente viaxaban a Irlanda e Reino Unido os fi-llos dos donos das fábricas. Agora van tódolos mozos e mozas de Vigo, con un xersey deportivo vermello que pon “Vigo en Inglés” e son todos iguais.
– Se lle digo Teis, vostede di…
– Transformación. Estamos recuperando Teis para os veciños e veciñas dende o ano 2007. A Vía Verde foi unha revolución. Donde había unha vía de tren molesta agora hai unha senda peonil e ciclista para o disfrute da cidadanía, que conecta Teis co centro da cidade. Cuando eu cheguei á Alcaldía modifiquei xunto ao ministerio o proxecto de tren de Alta Velocidade e pedín que fora soterrado. Se o tren chega a entrar en superficie Teis estaría partido en dous para sempre e toda a cidade sen a posibilidade de facer a saída sur ferroviaria que conecte Vigo con Porto. Humanizamos decenas de rúas e seguiremos ata terminar as 1.700 de todo Vigo.Imos a facer unha transformación integral do Mercado de Teis cos fondos europeos que nos da o Goberno de España e queremos rematar coa AP-9 ruidosa que Teis leva soportando anos e anos. Humanizaremos a AP-9 con pasos elevados, con zonas verdes e de encontro cidadán de gran amplitude, que permitan aislar máis as vivendas e conectar as dúas partes da cidade.