Frutas Duarte, de todo todos os día do ano
Ubicado na rúa Jenaro de la Fuente, 39
Todos os que temos certa idade lembramos cando a alimentación no Calvario era cousa do mercado e das ducias de pequeñas tendas de barrio que había en tódalas rúas.
Coa chegada dos anos oitenta e a modernidade, as grandes superficies e as cadeas de supermercados foron desprazando estes establecementos entrañables que tiñan un pouco de todo e que tanto axudadaron á economía familiar dos veciños.
Dende hai case 8 anos Patricia Santos e o seu marido Delfín decidiron ir contraco- rrente e abriron o seu negocio, Frutas Duarte, na rúa Jenaro de la Fuente 39, frente á Igrexa dos Picos, e dende entón non pararon de medrar.
Cal é o segredo? Moito traballo, espíritu de sacrificio e dedicación. Un segredo que sempre da os seus froitos.
Frutas Duarte ten un amplo horario: salvo o 25 de decembro e o 1 de xaneiro, abren ao público as súas portas todos os días ás oito da mañán, excepto domingos e festivos que abren ás nove e media.Menos carne e peixe fresco, en Frutas Duarte podes encontrar prácticamente de todo en alimentación.
A súa oferta e moi completa, pois teñen dende alimentación tradicional a despacho de panadería. Embutido, conxelados, viños e licores… Incluso teñen prensa e, se queres, un cafeciño para levar.
Ao amplo horario, que facilita as compras aos clientes que non teñen moita disponi- bilidade de tempo, hai que engadirlle o amplo da súa oferta e, sobretodo, o excelente e cariñoso trato que deparan aos clientes.
En Frutas Duarte tamén podes sorprender en cumpreanos e festas infantis mercando espectaculares tartas de golosinas elaboradas pola propia Patricia. As cestas de froitas para regalo tamén son a súa especialidade, sempre por encargo.
Da moita ledicia ver emprendedores como Patricia e Delfín que, con esforzo e de- dicación, son capaces de remar a contracorrente nestes tempos de grandes superficies e internet.