A aplicación da LOMLOE marca un novo curso sen medidas COVID
O curso escolar comeza coa implantación da nova lei educativa LOMLOE, coñecida tamén como Lei Celaá
Un ano máis comezamos o mes de setembro coa rutina anual de comezar un novo curso. Este pasado 8 de setembro comezaban todas as etapas educativas non universitarias o novo curso 2022/2023.
E como nos últimos anos comezamos con cambios e máis cambios. Se hai moi poucos anos comezabamos os cambios pola aplicación da LOMCE, promulgada no 2013, agora comezamos novos cambios diante da aplicación da LOMLOE.
Pais e docentes se preguntan unha e outra vez cando se poñerán de acordo os nosos políticos para establecer un gran pacto sobre o ensino que perdure ao longo do tempo, por riba de cores políticas e ideoloxías, como se fai noutros países de Europa.
Como é posible poder avaliar ou saber se un sistema educativo funciona ou non, se cando hai cambio de goberno se cambia inmediatamente? Non estamos diante dunha grande irresponsabilidade por parte dos que gobernan unha e outra vez? Non se está a xogar co desenvolvemento educativo e coa educación integral do alumnado, so por intereses partidistas ou de rendibilidade política?
Este curso se aplican as novas normas ao segundo ciclo de Educación Infantil, a os cursos de 1º, 3º e 5º de educación Primaria, aos cursos de 1º e 3ª da ESO e a 1º de Bacharelato. Nestes cursos van cambiar os contidos e mesmo tamén as horas que se van a dedicar a cada materia. Incluso aparecen materias novas dependendo do curso, sobre todo na ESO.
Tamén cambian todos os libros de texto dos cursos para adaptalos ao novo currículo que se instaura na LOMLOE. Outra das novidades que xa puidemos comprobar ao fin do curso pasado, é a supresión das probas extraordinarias de setembro. Unha medida esta que non deixou de traer certa polémica. Moitos opinan que cortar unha oportunidade ao alumnado con algunha materia pendente, pode traer consigo máis alumnos e alumnas repetidores e tamén se opina que ter que preparar toda unha materia en só quince días de xuño non facilita a preparación axeitada desa materia.
Por outra banda hai quen aplaude esta decisión opinando que o curso debe rematar en xuño, e que na época estival o alumnado debe desconectar e dedicarse a actividades lúdicas que axuden a complementar a formación recibida durante o curso.
Sexa como sexa o novo curso está aquí. Os entendidos din que é moi importante os comezos. É moi importante comezar a establecer desde os primeiros días uns hábitos de estudio sistemáticos e a realización dunha programación semanal, para que o alumno estableza os seus tempos dun xeito permanente.
Desde Somos Calvario queremos desexar un bo comezo de curso; ao alumnado para que desde o primeiro minuto teña o ánimo e a concentración necesaria para que todo vaia ben e que os resultados sexan os merecidos.
Para os pais/nais para que acollan con paciencia estes inicios, con todo o que leva aparellado: máis gastos, costa de setembro… Sorte coa tarefa tan importante que é a de educar e enfocar o traballo dos seus fillos e fillas.
E claro, aos docentes desexarlles tamén un bo comezo de curso. Eles e elas son os alicerces de todo o sistema educativo. Loitando moitas veces contra a incomprensión dos que lexislan e coa falta de autoridade que se pon de manifesto hoxe en día.
En fin a todos e a todas feliz curso e ánimo.
Un especial recordo aos centros educativos do noso barrio, que son moitos e moi bos. Lembrar que todas aquelas actividades que realicedes e queirades que teñan reflexo nestas páxinas, non tedes máis que envialas ao noso correo e serán todas publicadas.