A nosa cultura, a nosa lingua

  • Un repaso pola nosa cultura, literatura e tradicións

Desde Somos Calvario queremos comezar neste número un apartado para que vaiamos coñecendo un pouco máis a nosa cultura, a nosa lingua, a nosa literatura…

Vai ser en definitiva un apartado  dentro do noso xornal, para que poidamos ir refrescando e actualizando aqueles coñecementos que nos fagan querer máis ao que somos, e ao que a  tradición non ten deixado.

Comecemos por algo  de historia da nosa lingua.

Antes da chegada dos romanos a Galicia, atopabamos aquí a chamada cultura ou civilización castrexa. Máis tarde o latín acabaría impoñéndose en todo o territorio. A gran superioridade romana tanto na súa cultura como en toda a súa civilización, propiciou a extinción do total das linguas que existían antes da chegada do latín.

Podemos datar no século IX o  nacemento da nosa lingua. Desde o seu nacemento ata hoxe a nosa lingua sempre tivo que compartir espazos con outras como o latín e hoxe na actualidade co castelán.

Pero houbo unha época de  máximo explendo e dunha gran estima social do galego. Entre os séculos IX ata aproximadamente o XIII.

Ao principio o latín era a lingua de prestixio, a lingua que tiña a máxima estima social,  pero sen embargo era o galego-portugués a lingua falada por toda a sociedade.

Foi xa no XIII cando o galego-portugués alcanza o seu máximo esplendor, converténdose na lingua da ecrita, e  mesmo empregada polo rei Alfonso X o Sabio nas súas cantigas.

Este esplendor vai a perderse entre os séculos XVI ao XVII cando coa chegada dos reis católicos o castelán vai gañando todos os  lugares. Son os denominados séculos escuros onde o galego queda reducido practicamente a fala do interior e é desprazado de todos os lugares de prestixio, polo poder político que apostou claramente polo castelán.

Ademais disto, por mor da separación política de galicia con Portugal, o galego-portugués se diferencia en dúas linguas que se van afastando. Son os esculos máis  egativos para a nosa lingua, que resistiu gracias aos falantes das zonas máis rurais e interiores.

Temos que agardar ata o século XIX para que se produza o chamado Rexurdimento. Algúns  escritores retoman a publicación en galego. No 1880 concorren publicacións literarias de gran importancia como Follas Novas de Rosalía, Aires da Miña terra de Curros ou Saudades Galegas de  Lamas Carvajal. A poboación en xeral fala en galego, ainda que a implantación do catelán continua moi forte. Aparecen aquí os primeiros diccionarios galegos e as primeiras gramáticas.

Así  chegamos a época actual onde a lingua galega non ten aínda alcanzado a mesma implantación social e cultural que o castelán, pero que por outra banda xa se estudia nas escolas, xa está recoñecida como lingua oficial, xa existe a obriga de coñecela e de impulsala polos poderes públicos. O grave problema está na diminución dos galegos falantes e a pouca implantación que se está dando, sobre todo, nas cidades.

Seguiremos nos próximos números falando doutras cuestións.

No próximo número: o plural dos nomes en galego e a nosa literatura medieval.