A Sala Viguesa de Esgrima Antiga triunfa no torneo “Lluro Pugnare”de Barcelona

O domingo 27 de marzo realizouse o torneo “Lluro Pugnare” na localidade barcelonesa de Mataró, un evento no que participaron tiradores de toda España e Francia.

Este evento acolleu as dúas disciplinas máis importantes dentro das Artes Marciais Históricas Europeas. A primeira foi a disciplina de espada ropera dos séculos XVI e XVII e, a continuación, a de espada larga a dúas mans dos cabaleiros de armadura completa.

O torneo tivo un gran ni- vel en todos os participantes, destacando os clubes france- ses cun gran poderío físico e técnico.

A pesar dese gran nivel, Damián Troncoso Saavedra, do clube vigués “Sala de Esgrima Antiga”, conseguiu imporse e acadar a medalla de ouro en espada ropera, e un máis que honroso 5º posto en espada larga.

O podio de “Lluro Pugnare” quedou do seguinte xeito:
Espada Ropera:
1º: Damián Troncoso, do clube Sala Viguesa de Esgrima Antiga
2º: Gael Marais, do clube Montpellier – Ecole Chevaleresque.
3º: Francois Bois, do clube Toulouse – Ost du Griffon Noir.
3º Josep Maria Carbonell do clube Barcelona – Duo Bellum.

Espada Larga:
1º: Gael Marais, do clube Montpellier – Ecole Chevaleresque
2º: Òscar Genovès, do clube Esgrima Maresme.

3º: Gilles Cariere, do clube Montpellier – Ecole Chevaleresque.

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga ten máis de 15 anos de vida na práctica da esgrima histórica en todas as súas disciplinas, prestando especial interés aos máis pequenos, xa que o centro imparte clases a partir dos 6 anos.

Se estás interesado neste deporte podes ver os seus amplos horarios na súa pá- xina web www.esgrimaantigua@gmail.com, ou póndote en contacto con eles a través do correo esgrimaantiguavigo@gmail.com

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga está situada na rúa Travesía de Vigo, 102.

3º: Francois Bois, do clube Toulouse – Ost du Griffon Noir