Ánimo, forza, unión e colaboración

Por desgraza parece que o futuro non quere acompañarnos con satisfacción e con novas alegres e esperanzadoras. Cando parecía que a pandemia nos deixaba atrás e todo parecía volver a normalidade, cando todo parecía apuntar a unha pequena pero ansiada recuperación, chega a guerra e de novo a incerteza e medos no horizonte.

Coa brutal subida da tarifa eléctrica e a suba xenera- lizada dos prezos como facía anos que non acontecía, estabamos nunha difícil situación para poder levantar a nosa economía, tan afectada nos dous últimos anos. Difícil situación que se agranda hoxe cos consecuencias dunha estúpida e incompresible guerra que nos deixa unha vez máis en situacións precarias para afrontar as etapas máis próximas.
Agora toca a suba sen precedentes do combustible, do gas e dos produtos que escasean pola dependencia das importacións de Ucraína e de Rusia. As bolsas e os mercados internacionais caendo, e claro, as economías domésticas sufrindo estas consecuencias, xa que logo son os fogare

E xa o sabemos de sempre, diante destas crisis nas economía, o noso sector, o sector do comercio en xe- ral, padece sufre e se resinte como ningún outro sector da economía. Cando hai nubes no horizonte, sempre ben acompañado do medo a comprar, do medo a perder o poder adquisitivo e do medo en xeral a non poder superar estes acontecementos.

E como non, tócanos ou- tra vez sobrevivir, loitar e sacrificar todo o que poi- damos para poder subsistir e non ter que pechar. Nestes días escoitabamos a algún sector pedir e demandar medidas para poder seguir desenvolvendo o seu labor. Os transportistas, o sector gandeiro e agrícola e algún máis. E ao comercio? Non terían que pensar que somos un sector transcendental na creación de emprego e na dinamización social e económica das nosas cidades e dos nosos barios?
O que aquí vos escribe, moito se teme que non, que unha vez máis teremos que facer fronte a estas situacións coas nosas propias forzas e coas nosas propias mans. Doutras xa saímos e desta tamén, dicíame un comerciante o outro día no noso barrio. Si, pero –dicía eu– xa van sendo moitas, e xa van sendo moitos os que se van quedando atrás.

Desde estas liñas, pa- labras e mensaxes de ánimo a todos e todas. Mensaxes que

ridos para que non nos falten as forzas nin as ganas para seguir resistindo e para seguir dando mostras de fortaleza e de unión.

Cando chegan estas cou- sas, dámonos conta dos febles que somos no que consideramos mundo mo- derno, dámonos conta da nosa total dependencia dos mercados estranxeiros e dos poderes económicos alleos. Dámonos conta que as solucións ao noso futuro comercial e empresarial só pode saír de nós mesmos.

Insisto moito, xa o sabedes na necesidade de agruparnos, de conseguir mellor todo o noso entorno, e na necesidade de que cale na xente a idea de que un comercio de proximidade é o futuro.

Buscando alternativas as grandes potencias ou áreas económicas desde a innov

ación e desde a atención directa. Xa sei que cando xorden estas dependencias, pouco podemos facer desde un recuncho do mundo como pode ser o noso ba- rrio, xa sabemos que contra a globalidade económica a nosa capacidade de resposta e moi limitada. Pero non temos desculpa se non intentamos unirnos e buscar como entre todos abaratar os nosos custes, abaratar os noso investimentos e conquerir máis atención de todas as administracións.

A unión fai a forza, lema histórico de calquera reivindicación. Usémolo e camiñemos día a día achegándonos aos do noso lado. Sen ver nos outros competidores comerciais, senón oportunidades de cambio e de colaboración.

O que escribe esta sección, quixera transmitirvos outras realidades máis positi

vas, pero neste momentos non é posible.

Eso si, non deixarei pasar a oportunidade para dese- xarvos o mellor e para verter todos os ánimos do mundo para que sexamos quen de superar unha vez máis as dificultades que se nos presentan.

Ánimo, forza, unión e colaboración tamén para reivindicar desde as nosas asociacións e desde os nosos ámbitos de actuación, máis axudas e máis atención as nosas peticións; as dos pequenos e medianos comerciantes, as dos pequenos autónomos e en definitiva de todos e todas os que formamos esta contorna económica e social da que dependen moitas familias e do que depende en moitos casos o futuro dos nosos barrios e da xente que vivimos neles.

s máis modestos os que soportan peor estes tempos.