Antonio Altarriba, Premio Nacional de Cómic, visita Banda Deseñada
Antonio Altarriba, unha das figuras craves do cómic nacional, visitará Banda Deseñada o vindeiro sábado día 12.
A partir das 17:30 horas, Antonio Altarriba parti- cipará nunha charla coloquio aberta ao público que contará coa moderación de Kiko Dá Silva tras a cal dedicará os seus libros a todos os que vos acheguedes por Banda Deseñada.
Antonio Altarriba gañou innumerables premios, entre eles o Premio Nacional de Cómic e é o creador de obras craves como El arte de volar, El ala Rota, Yo, asesino, Yo, loco y Yo, mentiroso.
Apuntade a data na vosa axenda. Non todos os días visita Vigo un Premio Nacional de Cómic.
O aforo é limitado, polo que se recomenda reservar lugar para a charla con antelación.
Carreira artística de Antonio Altarriba
Nos anos oitenta iniciouse no mundo da historieta, primeiro co Colectivo Z na revista Bustrófedon e cola- borando logo co debuxante Luís Royo en De vuelta (Miguel Marcos, 1983) e Desfase (Ikusager, 1987). Publicou tamén a revista teórica Neuróptica e en 1987 o libro “Comicsarías” xunto a Antonio Remesar.
Participou na produción da serie documental Cómic: Noveno arte en 1989 e na organización da exposición “Made in Tintín” en 1993, pero durante os anos noventa dedicouse sobre todo á literatura. Participa así nas antoloxías Relatos de Zaragoza (1990), Narrativa corta en Euskadi (1992) e Los que más cuentan (1995), quedando finalista no XVIII Premio La sonrisa vertical (1996) por Los Cuerpos entretejidos.
No novo século, e a pesar de lograr o Premio Euskadi de Literatura en 2002 coa súa novela La memoria de la nieve, volve dedicarse con forza á historieta, producindo ensaios e guións. Entre estes últimos, sempre para Edicións de Ponent, cabe destacar El arte de volar (2009), unha biografía do seu pai, que se suicidou aos 90 anos nunha residencia para persoas maiores en 2001, pola que obtivo multitude de premios, incluíndo o Nacional do Cómic.