Curiosidades científicas: bombas de pau

Por Álvaro Gil

Neste capitulo expoñera- se o fenómeno das bombas de paus. Estas adoitan cons- truírse con paus entrelazados que se comban, é dicir, sinxe- las estruturas de madeira que almacenan enerxía elástica e que ao desestabilizarse (tirándoa ao chan ou ben sacando un pau) libéraa de forma explosiva.

En xeral, un material sometido a tensións inferiores a un valor denominado límite de elasticidade, é deformado temporalmente e recupera a súa forma orixinal cando deixan de aplicarse forzas sobre el. Isto é precisamente o que ocorre cos paus ao formar unha estrutura entrelazada. Este sistema pode almacenar unha gran cantidade de ener- xía elástica, debido á deformación elástica dos paus.

Estas estruturas pódense facer cos típicos escarvadentes, pero obtéñense mellores efectos cos paus dos xeados. A maioría destas bombas foron inventadas por Kinetic King. De todas, a máis soada é a coñecida como entrelazamiento cobra.


En todas as demais, ao desestabilizarse causa unha expulsión desordena

da de paus. Na figura (2) ao retirar un pau desestabiliza a cons- trución de tal modo que os demais paus saen disparados en todas direccións.

Na estrutura de entrelazado cobra ao sacar un pau prodúcese unha onda cobra. Recibe este nome porque a reacción en cadea que se produce é similar ao movemento dunha cobra (réptil).

A explicación do fenómeno é a seguinte: cando se retira o pau 1, o 2 só ap

óiase nos paus 3 e 5, que fan panca. O extremo esquerdo do pau 2 é impulsado cara abaixo, tras o cal sae despedido. O pau 3 áchase, entón, na mesma situación: apóiase só nos paus numero 4 e o 6, recibe un impulso cara abaixo e é expulsado. O proceso repítese unha e outra vez. Se a estrutura descansa sobre o chan, a expulsión apóiase nel, os paus rebotan e a estrutura elévase, dando lugar a unha onda cobra.

Canto mais longa sexa a estrutura mellor apreciarase o efecto cobra.
Non se coñece todo sobre a onda cobra. As conclusións de varios investigadores difiren no que se refire á velocidade da onda, as dimensións dos paus, a velocidade coa que son expulsados.

Para finalizar este breve artículo, indicar que se poden facer multitude de combinacións de estruturas. Nas bombas pequenas, a desestabilización destrúe de golpe toda a estrutura. Nas grandes o fenómeno ocorre de maneira progresiva, en forma de onda que se propaga a unha determinada velocidade. Ao paso da fronte de onda, a estrutura desfaise e os paus saen proxectados ata unha altura de varios centímetros. A conversión de enerxía é pouco eficiente, pois non se alcanza a altura que se estima teoricamente. Isto é debido a que a maior parte disípase debido ao rozamento ou nos choques entre paus.