Escoitamos aos clientes: ¿por qué compro no Mercado Calvario?

A alimentación é un dos principais gastos de todos os fogares, pero coa vida que levamos, onde as prisas e o estrés están á orde do día, estamos a esquecer tanto mercar ben, como cociñar. O doado é acudir a unha gran superficie comercial, cargar o carro da compra e empezar a conxelar coma posesos (non nos vaiamos a enganar, porque todos usamos esta técnica nalguna ocasión).

Cando acudimos o Mercado o aliciente é ir de posto en posto, buscando en cada un deles os produtos concretos que queremos para a nosa compra e, as veces, o tempo botásenos enriba; e nisto o noso mercado foise modernizando. Agora é moi doado e cómodo encargar a compra aos teus praceiros habituais, previamente sabendo que ó chegar, o terás listo e sen esperas. Así que, se estás a darlle voltas a túa lista de propósitos de aninovo, sempre entre eles, comer sano e saudable, hai algo moi sinxelo que podes facer para conseguilo: mais mercado e menos supermercado. Un cambio doado e que podes incluir na túa rutina diaria.
Despois de todo isto, só me queda facer un resumo das vantaxes que eu lle vexo a comprar no Mercado Calvario:
Merco sen distraccións tan frecuentes coma nas grandes superficies. Evidentemente, eso non quita que me bote media hora de parrafada coa veciña que acabo de atopar nada máis chegar.

As probabilidades de comprar produtos de tempada e de cercanía aumentan, en especial froitas, verduras, hortalizas e peixes. É botar un ollo rápido polo mercado e contemplar diversidade, a presencia de moitos postos coa mesma actividade, e iso permíteme que, se non atopo o que quero no meu posto habitual, atopareino en calquera outro posto.

Aténdenme persoas. Praceiros de toda a vida e incluso de xeracións no Mercado. Aqueles cos que podes comentar, preguntar polo estado do produto que mercas, as súas propiedades, compartir recetas, consellos, etc.
Surxen conversacións espontáneas onde participan outras persoas, como a miña veciña, que mira ti qué casualidade, compra no mesmo posto ca min… Xenial! Nesas conversas, acompañada dos meus fillos, eles aprenden más alá das cualidades dos alimentos e da súa temporalidade; aprenden relacións humanas. E que hai mais humán que planificar a alimentación, cos tempos que corren.

Inconvintes? Perder a vergoña inicial de darte a coñecer, de “facer mercado”. Unha vez superado iso, que o meu praceiro me aconselle sobre que é o que está no sea mellor momento, canto necesito e que saiba case sen pedir cal vai ser a miña compra porque xa me coñece e sabe os meus gustos, eso queridos amigos, non ten prezo. E en vez de media hora, lieime de cháchara casi unha hora enteira coa miña veciña e xa vou xustiña para facer a comida. Pero que ben o pasei!
E ademais, non me esquezo nunca de darlles un feedback na miña seguinte visita: “pero que boísimos me saíron os guisantes que me dixeches que levara o outro día” ou “o rodaballo que me levei o martes estaba impresionante” e si é o revés tamén, “Eh! Que os pementos de Padrón que dixestes que non ían picar… teliñaaa marinera! Pero sempre con bo humor, coa confianza de que sempre vaime vender coa maior calidade.

Sempre podo preguntar sen medo sobre calquera produto, porque sei que me vanme responder como se fora para os seus fillos, con total garantía e confianza. E eso vale ouro!

Así que, xa sabes. Se aínda non te acercahes polo Mercado Calvario, non o penses máis. Anímote a que pases calquera día e deixes que os olores e as cores exalten os teus sentidos, mentras que algún praceiro che pregunta, “hola cariño, que necesitas hoxe?”.