Festa da Alegría 2022: do 7 ao 19 de xuño

Despois de dous anos de pandemia, agora que volve a normalidade, volve tamén a Festa da Alegría.

Este ano máis internacional que nunca. Entre o día 7 e o 19 de xuño o barrio do Calvario volverá a encherse de actividade cunha programación pensada fundamentalmente para os máis pequenos.

Pasarrúas, contacontos e obradoiros encherán as rúas do Calvario durante 12 días, reservando o día 10, día de Portugal, para a celebración dun irmanamento entre o barrio do Calvario e a freguesía de Alvorge.

Este ano a Festa da Alegría exténdese ao barrio de Casablanca, en colaboración da AV Calvario coa Asociación Cultural Distrito Casablanca. Casablanca Weekend é o nome que recibe esta programación paralela e que comeza o día 10 coa presentación, no Corte inglés, do evento.

La Pecera, local situado na rúa Pizarro 35, acollerá concertos de “Eladio y los Seres Queridos”, “Los Naipes” e José María Guzmán.

O día 11 realizarán unha sesión vermú na librería Versus, rúa Venezuela 80, coa actuación de Alberto Cunha.

O domingo día 12 de xuño a partir das 18.00 horas, no garaxe Casablanca -rúa Venezuela 82-, terá lugar a proxección da película “Nosferatu” con acompañamento musical en directo co grupo Caspervek, especialista en música de cine.

A programación musical da Festa da Alegría repartirase en 2 palcos situados nos extremos da peonilÁ hora de pechar esta edición non estaban definidos os horarios dos concertos, pero podemos adiantar que “Skarajazz” actuará o día 9 e, o 10, “El Hechizo de Noe”. “Breocans” actuará o día 16 e “Los EP “o mércores 15.