O Centro portugués de Vigo, máis de 90 anos facendo pontes entre galegos e portugueses

O Centro portugués de Vigo comezou a sua actividade no 1927. Naquela altura unha profunda fronteira, máis alá da política, separaba ao país veciño de nós. Unha fronteira sentada na base do descoñecemento, que finalmente deri- vaba na maior parte das ve-ces, nunha ignorancia mutua, cando non no preconceto e no denigrar todo o que viña de Portugal. Sen embargo, salvando estes sentimentos propios da ignorancia e da xenofobia, con que foron recibidos en ocasións os emigrantes portugueses, foron instalándose en Vigo unha inúmera cantidade de famílias lusas que, con o paso do tempo, terían moitas delas, grande transcendencia na vida local da nosa cidade.

A vida do centro foi durante mais de 50 anos, a vida desta comunidade portuguesa e luso-descendente en Vigo, onde chegaron a vivir perto de 3.000 persoas con pasaporte portugués. O centro exercía diversas funcións na axuda de obter visados ou inclusive no envío de documentos ou noticias ós familiares dunha e outra beira do Miño, nun mundo onde as comunicacións eran lentas e a vida corría doutro modo. Mais a primeira das suas funcións foi a de funcionar como caixa de axuda mútua entre a comedalla de ouro da cidade, o xentro caiu nunha etapa escura na que parecia ia ser a súa fin. Atrás quedaban marcas duradeiras no mapa da cidade, como o busto a Camões na praza de Portugal doado polo centro e outras na nosa memoria colectiva, como as innumerables conferencias e palestras sobre a cultura e a literatura portuguesa organizadas desde o Centro ou mesmo a visita do Presidente Mário Soares a Vigo.

A día de hoxe, se cadra, o Centro portugués de Vigo está a vivir unha nova etapa, nin mellor nin pior que calquera das anteriores, se ben que claramente diferenciada. Xa avanzado o século XXI, o centro redeseña a súa estratexia, e munidade lusa da cidade, no caso de enfermidades ou desgracias que afectaran a algún dos membros. Nestes anos, logo de unha primeira sede na rúa Arines de Castro, o centro colleu local propio na rúa Príncipe en Vigo, que foi sede do centro durante esta época, que podemos dar en chamar a idade dourada do centro e que duraría entre os anos 50 e 70 do século XX, cunha gran actividade social e con perto dos 2.000 socios.

A data de 1986, que marcou a entrada da España e Portugal na daquela Comunidade Económica Europea, será unha data que mude para sempre a relación entre as comunidades de un e outro lado da fronteira. A liberdade de movementos de persoas, bens e mercadorias abre unha nova etapa para o centro que ten que reinventarse por vez primeira. Nesa altura, o centro portugués da un paso adiante e lanza por vez primeira cursos de lingua portuguesa na nosa cidade, sendo no 1991 pioneiro nas aulas de portugués, anos antes da inauguración do polo do Instituto Camões e da instauración na Escola Oficial de Idiomas do departamento de portugues. Lourdes Carita, primeiro, e Rosa Correia, depois, foran as mestras que levaron os cursos polos que pasarían máis de 300 persoas.

Mais todo na vida ten un principio e ten un fin e, no ano 2002, logo de receber a con un aire novo comenza un traballo espectacular na procura dunha profunda fraternidade entre Galicia e Portugal.

Un traballo que retoma un dos seus principios fundacionais que era extender o coñecemento mútuo entre portugueses e galegos, entre dous pobos irmáns que vivían, e aínda seguen a vivir en moitos ámbitos da vida, de costas viradas. Nesta nova época o propósito do centro torna especialmente emotivo, xa que hoxe máis que nunca é mais fácil ter información para além do Miño, e hoxe máis do que nunca parece que non existe vontade para que isto remate con séculos de incomunicación entre as xentes, que no fondo, somos de un mesmo pobo. O Centro portugués quere alargar o coñecimento e as relacións entre a Galicia e Portugal, quere deixar a un lado o racismo e mesmo o odio, derrubar finalmente as barreiras nas cabezas das xentes e unir fraternalmente aos pobos galegos e portugueses nesa grande metrópoli mundial de máis de 9 milóns de habitantes que vivimos desde A Coruña a Lisboa. Todo sempre desde a base do respeto e todo sempre na base de alargar o coñecemento tanto da nosa historia e cultura, como en partillar o noso futuro.