O escándalo da factura da luz

Non somos moi propicios en Somos Calvario en opinar de temas que teñan que ver con polémicas ou con problemáticas que se escapen máis alá dos temas locais, pero nesta ocasión e coa vocación que sempre temos de falar dos temas que verdadeiramente afectan aos veciños e veciñas do noso barrio, non podemos calar.

Non é de recibo que siga- mos a soportar ano tras ano unhas tarifas máis que abusivas por mor dun negocio, o das eléctricas, que ninguén é capaz de explicarnos e sobre todo do que ninguén se quere facer responsable.

Todos os días levantámonos coa noticia de que o prezo do megavatio alcanza o seu récord histórico. Todos os días temos que escoi- tar como as nosas facturas suben e suben. Pola contra se nos di que utilicemos os nosos electrodomésticos a altas horas da noite.
Escandaloso, para que as grandes empresas eléctricas sigan enchendo os seus beneficios, os cidadáns temos que cambiar os nosos hábitos e transformar a nosa calidade de vida para sermos coma servos destas compañías.

Non faremos nós de políticos nin de entendidos na materia, pero si queremos ser a voz de moitos veciños e veciñas que ven que as súas economías vense seriamente afectadas por este negocio que ninguén entende.

Vendéronnos que coa eliminación do monopolio íase a poder rebaixar o que pagamos todos, agora parece ser que a culpa é das leis de mercado e de das normativas europeas, pero mentres tanto os que sufrimos estas incoherencias somos os cidadáns e cidadás que sen bebelo nin comelo, como se di, estamos soportando unha libe- ralización de prezos, que lonxe de beneficiarnos nos asfixia.
Non queremos palabras e máis palabras, queremos medidas claras e concretas para que un servicio tan esencial coma este, poda chegar a todos os fogares en igual de condicións, sobre todo para os máis necesi- tados, e para os que teñen que facer números e máis números para chegar a fin de mes.

Cando empezan os tempos dos orzamentos e das taxas e impostos, vemos como nalgúns casos se incrementan as partidas sociais para atender aos que non poden pagar, e vemos como se incentivan as medidas para que ninguén se quede dentro do grupo da pobreza enerxética. Todo isto está moi ben pero hai que poñer en marcha as medidas conxunturais para que esta problemática se arranxe.

Estamos asistindo a un sen sentido; mentres estamos reclamando constantemente actuacións que nos fagan paliar as consecuencias do cambio climático, seguimos sen incentivar os impostos a aquelas empresas que contaminan máis e que deben pagar máis. So cunha revisión fiscal medioambiental seria e sen medos, poderiamos rever- ter os custes enerxéticos e facer real o que moitos e moitas desexamos que é pagar polo que realmente consumimos e non polas chamadas peaxes, que non son senón as vellas contrapartidas das que sempre se teñen beneficiado as grandes eléctricas.

Por último tamén un chamamento a todos nós. As consecuencias do cambio climático nos afectan a todos e todas por igual. É por isto polo que temos que concienciarnos que é fundamental para o futuro medioambien- tal do noso planeta e das futuras xeracións que cada vez sexamos máis responsables no uso de todo tipo de ener- xía e que eduquemos na utilización destas desde a responsabilidade e desde o compromiso por unha sociedade máis saudable en todos os sentidos.