O Oeste Americano. Grandes xefes e Guerras Indias IV
As tribos das Chairas do Sur: Comanche, Kiowa, Cheyenne e Arapahoe, consideraron a caza do bisonte como unha gran ameaza á súa existencia. En 1874, os nativos tiñan unha cerimonia na que o feiticeiro comanche Isa-Tai anunciou a vitoria e a inmunidade das balas aos guerreiros que loitasen contra o inimigo. Entre 500 e 1000 guerreiros, entre eles os comanches liderados polo xefe Quanah Parker e Isa-Tai, decidiron atacar o posto de Adobe Wells.
Esta segunda batalla, en xuño de 1874, consistiu en ataques ao posto defendido por un grupo aproxi- mado de 28 cazadores de bisontes. Durante o asedio chegou unha caravana, aumentando a guarnición ata o centenar de homes. O asedio non chegou a durar nin 5 días, a pesar de estar en inferioridade numérica.
O máis destacado foi cando un tal William Billy Dixon matou a un guerreiro comanche, que estaba nun outeiro afastado, usando un rifle Sharps (Figura 1). Os cazadores puideron disparar aos guerreiros desde unha distancia moito maior da que esperaban os nativos americanos, e o ataque fracasou. Dixon, nas súas memorias, afirmou que o tiro foi unha parte de puntería e outra moi grande de sorte.
O resultado de Adobe Wells foi unha derrota espiritual para os nativos. O Goberno de Estados Unidos decidiu poñer punto final para esmagar aos nativos americanos do Sur dunha vez por todas.
Durante o transcurso do ano produciuse a campaña militar lanzada polo exército para desprazar ás tribos, comanche, kiowa, cheyenne e arapahoe e recolocalas pola forza en reservas. Esta campaña coñécese como a Guerra do Río Vermello (Figura 2).
Cunha duración aproximada dun ano, a guerra tivo varias columnas do exército entrecruzadas no Panhandle de Texas, para localizar, acosar e capturar bandas de nativos altamente móbiles. A maioría dos enfrontamentos foron pequenas escaramuzas. A finais de 1874 só quedaba unha banda de tamaño significativo.
Este grupo era o do xefe Comanche Quanah Parker. En xuño de 1875 terminou a guerra cando o xefe e os seus homes entraron en Fort Sill e rendéronse, era a última gran banda do Su-roeste. O pobo Comanche fora vencido, o habían decimado os decenios de loitas e enfermidades. A súa única posibilidade de supervivencia era traballar conxuntamente cos brancos.
Foi a derrota final das poderosas tribos das Chairas do Sur que xunto co exterminio do bisonte, o Pandhandle de Texas quedou aberto ao asentamento de granxeiros e gandeiros.
Quanah fora un importante xefe de guerra; con todo a partir deste intre e para o resto da súa vida, loitaría a favor da paz. Foi o último gran xefe Comanche. De guerreiro e cazador nómade a agricultor.
Quanah Parker era fillo de muller branca. A súa nai chamábase Cynthia Ann Parker, pertencía a unha das familias máis “ilustres” do Estado de Texas.
En 1836, aos nove anos foi raptada xunto co seu irmán John Richard Parker, polos comanches en Fort Parker, ao sur da actual Dallas. A cativa asimilou os costumes dos comanches e casou con Peta Nocona, xefe da banda Nokoni, co que tivo tres fillos, Quanah o maior, Pecos e Topsannah, unha nena.
En decembro de 1860, un grupo de Rangers e soldados de cabalería asaltaron un campamento dos Nokoni. Quanah e o seu pai foran de caza. Os comanches foran masacrados, excepto Cynthia e a súa filla que foron capturadas. O coronel Isaac Parker recoñeceuna como a súa sobriña.
Cynthia non se adaptou e tentou fuxir para reunirse coa súa familia comanche. En 1863 decatouse que Peta e Pecos morreran e pouco tempo despois a súa filla Topsannah morreu de pneumonía. A súa familia negáballe ver a Quanah, fixo folga de fame e morreu de inanición en 1870.
Ese mesmo ano Quanah Parker foi elixido xefe dos comanches Kwahada, o seu grupo Nokoni fora practicamente exterminado.
Cando Quanah Parker rendeuse, o tío da súa nai Silas Parker acolleuno e axudoulle a entender as técnicas agrícolas dos brancos e a mellorar o seu inglés.
O seguintes trinta anos, promoveu a vivenda, a educación e a agricultura dos nativos americanos. Desempeño o cargo de xuíz na reserva e tivo negocios gandeiros. Realizou un gran labor política a favor dos nativos americanos. Faleceu en febreiro de 1911 foi enterrade, vestido de comanche, xunto á súa nai e irmá.