O OESTE AMERICANO. GRANDES XEFES e GUERRAS INDIAS V

A gran nación Sioux era o nome co que se coñecía ao conxunto de tribos lakotas, dakotas e nakotas. Son un dos pobos de nativos máis coñecidos, debido á gran resistencia que opuxeron ao avance da colonización.

En 1851 asinaron o primeiro Tratado do Forte Laramie co Goberno dos Estados Unidos. Con iso os nativos comprometíanse a permitir a instalación de fortes militares no seu territorio e o paso de caravanas cara ao Oeste. O Goberno, a cambio, recoñecía a pertenza destes territorios aos nativos.

As continuas violacións dos tratados e os incidentes cos colonos, desencadeou na coñecida como Guerra de Nube Vermella (1866 – 1868), en honra ao xefe Sioux. Este aliouse cos cheyennes e arapahoes. Esta guerra tamén se coñece como a Guerra do río Powder, pois as batallas desatáronse polo control deste río.

Como consecuencia desta guerra, Nube Vermella asinou un segundo Tratado de Laramie en 1868 polo que se recoñecía o control do territorio do río Powder aos lakotas, así como a Black Hills (outeiros sacros) .

Nube Vermella naceu en 1922, no estado de Nebraska. Foi un dos principais caudillos que lideraron a resistencia da nación sioux. Crese que non pertencía a unha familia de xefes e que gañou prestixio como guerreiro, destacando na arte da loita, aínda que tamén era coñecido como curandeiro e chamán.

A febre do ouro e os rumores sobre o descubrimento deste mineral nas Black Hills , despois duns anos da firma do segundo Tratado, volveu desatar a gran sublevación sioux en 1876-1877.

Nube Vermella partidario da negociación, non participou nestas loitas. Non se aliou co movemento de rebeldía Ghost Dance en 1890, o que lle salvou da represión exercida sobre outros xefes indios. Morreu en 1909 na reserva.

A sublevación sioux en1876-1877 desencadeou unha nova guerra india sioux: A Guerra de Black Hills, tamén coñecida como a Gran Guerra Sioux, liderada polos celebres Toro Sentado e Cabalo Tolo.

Toro sentado naceu no territorio do Grand River, en Dakota do Sur en 1831.Convértese no xefe principal dos lakotas, combateu xunto a Nube Vermella.

A Gran Guerra Sioux acabou cun novo tratado en 1877, desfavorable para os nativos. O Goberno apoderouse dos seus territorios. Desde 1877 investíronse numerosos recursos militares para reducir aos nativos, todos os seus líderes foron caendo, excepto Toro Sentado, que fuxiu a Canadá. Catro anos máis tarde instálase nunha reserva. En1885 é contratado por Búfalo Bill, para actuar no “Show do Oeste Salvaxe”.

En 1890 morre polo disparo dun policía indíxena da reserva cando ía ser detido.

A batalla máis famosa de todas as guerras foi Litle Big Horn, reflectida no cinema en numerosos films, entre os que se atopan “morreron coas botas postas” (1941), interpretada por Errol Flyn e Anthony Quinn“, e “ Litle Big Man” (1970), interpretada por Dustin Hoffman.

Nesta batalla Toro Sentado conseguiu a alianza de varios xefes Sioux e Cheyennes, entre eles o líder sioux Cabalo Tolo. Conseguiu reunir o maior exército de nativos que houbo na historia, e lograron aniquilar ao Sétimo de Cabalería que estaba liderado polo tenente coronel George Armstrong Custer, que morreu na devandita batalla.

Un dos factores da derrota foi a desacertada decisión de Custer de non esperar reforzos e atacar antes de tempo, así como a división das tropas en tres columnas, estas unidades de cabalería quedaron illadas, os nativos superábanlles en números. Foi unha gran vitoria, pero as seguintes batallas saldáronse con derrotas para as tribos.

Non se sabe como foi o final de Custer, existen varias versións. O que se é certo é que a columna de Custer foi rodeada por miles de indios encabezados polo xefe Cabalo Tolo e unha choiva de balas e frechas caeu sobre eles. Situados en círculo e apenas sen cubrirse, os homes de Custer foron caendo, sen quedar ningún en pé .

Cabalo Tolo crese que naceu en 1840, na actual Dakota do Sur. Líder guerreiro sioux, de innegable talento táctico, artífice da formulación da batalla de Litle Big Horn. Chegou a ser moi coñecido entre os sioux pola súa coraxe na Guerra de Nube Vermella, con só veintitantos anos. Durante a Guerra Sioux (Black Hills), produciuse a sua rendición. Os seus últimos días pasounos nun forte, houbo rumores de que Cabalo Tolo planeaba unha rebelión, e o xeneral Crook ordenou o seu arresto aproveitando que abandonara o forte, por problemas familiares. Presentouse o 5 de Setembro de 1877, resistiuse a ser arrestado e no medio da situación descontrolada, un soldado atravesoulle co seu bayoneta, causándolle a morte.

E para rematar cos nativos Lakota Sioux, ocorreu un dos episodios máis escuros da historia de Estados Unidos foi “o masacre de Wounded Knee (1890). O Sèptimo Rexemento de Cabalería atacou á poboación da reserva Pine Ridge, causando aproximadamente 300 mortos, a maioría mulleres e nenos. As guerras indias tiveron o seu final coa rendición das súas lideres e a aceptación de vivir en reservas, que ainda existen na actualidade.