O OESTE. PERSONAXES de LENDA: BILLY the KID

Os lendarios intercambios de disparos ao descuberto non duraban moito, en ocasións segundos, ao contrario do que mostran as películas.

Billy the Kid (Billy o Neno) naceu en novembro de 1859 en Nova York. Fillo de Catherine Devín e Patric McCarty. A súa familia materna proviña de Irlanda. Segundo algunhas fontes o seu verdadeiro nome era Henry McCarty, tamén se fixo chamar, con bastante frecuencia, William Booney.

Emigrou coa súa familia cando era moi novo a Kansas City, e anos máis tarde trasladáronse a Silver City. Debido a estes lugares violentos tivo unha infancia moi complicada, o seu pai morreu nun tiroteo e anos mais tarde a súa nai de tuberculose cando tan só tiña 14 anos. Algunhas fontes din que a esa idade empezou a delinquir, cometendo algúns roubos. Outras indican que foi á idade de 12 anos, que empezou a frecuentar os salóns da cidade e coñeceu a Chapeu Jack, un delincuente de pouca sonada, que tras roubar nunha lavandería fuxiu deixando a Billy co botín do roubo, do cal foi acusado. O día do xuízo fuxiu pola cheminea converténdose nun fóra da lei.

Dise que á idade de 17 anos, Agosto de 1877, matou por primeira vez a un home. O seu victima foi un ferreiro de Fort Grant chamado Frank “Windy” Cahill, un inmigrante irlandés que era o típico matón de pobo.

Súa vida cambiou cando coñeceu a John Henry Tunstall, un rancheiro inglés. Comezou a traballar de cowboy e a recibir unha formación propia da súa idade. Traballando no rancho atopara un fogar. Os seus compañeiros cowboys eran o máis parecido a unha familia que había podio atopar tras a morte da súa nai.

John Tunstall xunto aos seus socios Alexander McSween e o gandeiro John Chisum, estaban enfrontados polo monopolio do comercio gandeiro no Condado de Lincoln aos caciques locais, destacando un tal Murphy. Unha película baseada nestes eventos e personaxes na que John Wayne interpreta a John Chisum e a titulada “Chisum” de 1970. Nela aparecen como personaxes secundarios Billy o Neno e Pat Garrett .

Debido a este enfrontamento os caciques locais decidiron asasinar a John Tunstall, contando coa colaboración do shériff de Lincoln, William Brady e algúns dos seus axudantes. Tunstall pagou coa súa vida o atrevemento de enfrontarse ao sistema local de poderes e sobre todo a Murphy.

Billy o Neno cunha formación aceptable e un manexo virtuoso das armas, escolleu a opción de quedar cos seus compañeiros no condado para enfrontarse aos caciques locais, vingando o asasinato de Tunstall.

Ao redor dos seus crimes correron ríos de tinta, e o episodio crave na súa vida foi a guerra do condado de Lincoln. Esta librouse entre dous grupos, un composto polos homes de Tunstall e de McSween e outro formado polos homes dos caciques e o shériff William Brady cos seus axudantes.

O grupo de Billy o Neno estaba liderado polo capataz de Tunstall Dick Brewer e o seu obxectivo era capturar aos culpables. Solicitaron ao xuíz de paz de Lincoln un permiso especial para deter aos acusados que figuraban na lista que elaboraran e na que figuraban o shériff e algúns dos seus axudantes, e dada a escaseza de axentes da lei en territorios fronteirizos, conceder unha licenza temporal a cidadáns para actuar como alguaciles era unha práctica habitual. Desde ese momento faríanse chamar os Reguladores. A licenza para os Reguladores implicaba certas condicións, entre elas a de facer as detencións sen derramamiento de sangue. E non se cumpriu, pois os Reguladores comezaron a asasinar a todos os sospeitosos de estar relacionados coa morte de Tunstall. Os reguladores pasaron de alguaciles a foraxidos. O gobernador estatal, Samuel B. Axtell, gran amigo dos caciques de Lincoln, actuou de maneira inmediata e puxo fin aos reguladores. Billy o Neno e os seus compañeiros continuaron coa vinganza.

Un dos obxectivos e que estaba na lista era o shériff Bill Brady. Era fácil de localizar, pois salvo emerxencia estaba sempre en Lincoln acompañado por algúns dos seus axudantes. Parece ser que Billy ideou e levou a cabo un plan para tender unha emboscada e acabar coa vida do shériff. William Brady foi abatido con máis dunha ducia de disparos no corpo. As testemuñas sinalaron a Billy como o executor. A pesar de non exercer unha posición de liderado, o nome de Billy o Neno empezou a adquirir fama na rexión.

Os Reguladores non estaban dispostos a parar ata conseguir eliminar aos homes que tiñan na súa lista. A película do 1988 “Arma Joven” trata sobre o grupo dos Reguladores, con Charlie Sheen no papel de Dick Brewer e Emilio Estevez no de Billy o Neno.

Co fin de terminar co conflito no condado de Lincoln, o gobernador de novo México Lew Wallace ofreceu unha amnistía para todos os implicados excepto para Billy. O Goberno de Estados Unidos emitiu unha orde para capturalo vivo ou morto. Billy o Neno era agora un fuxitivo baixo o que pesaba unha acusación polo asasinato do shériff William Brady.

Tería descanso no que quedaba de vida? Realmente morreu moi novo?