O OESTE. PERSONAXES de LENDA: BILLY the KID e PAT GARRETT

O gobernador de Novo México, Lew Wallace ao conceder a amnistía a todos os implicados no conflito do Condado de Lincoln, excepto a Billy the kid, orixinou o inicio dunha persecución propia de calquera película tipo western. Billy o neno serviu de inspiración para proxectos deste xénero. Entre eles a película de Sam Peckinpah “Pat Garrett e Billy the Kid”, interpretada por James Coburn (Pat Garrett), Kris Kristofferson (Billy the Kid), coa participación de Bob Dylan no papel de Alias e como non, autor da banda sonora.

A persecución levouna a cabo Pat Garrett, o recentemente nomeado shériff do Condado de Lincoln. Quen era Pat Garrett ?. Fora amigo de Billy, mesmo formaban parte da mesma banda, pero o shériff sabía que no seu novo cargo non podía ter consideración algunha e que non había maneira de defendelo.

Pat Garrett naceu no ano 1850 no Condado de Chambers, Alabama. En 1876 foi cowboy, cazador de bisontes e durante ese tempo matou por primeira vez a un cazador, chamado Joe Briscoe.

En 1878 traballou no rancho de Pete Maxwell e despois como barman nun salón. Din que no salón coñeceu a Billy, tamén é posible que o coñecese no rancho de Pete Maxwell, pois este era amigo de Billy. A versión mais estendida, é que eran amigos da infancia.

En novembro de 1880, Pat Garrett foi elixido shériff do Condado de Lincoln, Novo México. Eran tempos violentos. O novo shériff xurou a lei e a orde e a misión principal á que se dedicou, foi capturar a Billy the kid. Dise que había unha recompensa de 500$ pola cabeza de Billy.

Pat Garrett capturou a Billy a finais de 1880, outros sitúan a captura en 1881. Sentenciado á forca logrou escapar, crese que, asasinando aos dous axentes da lei que lle custodiaban (atribúenselle mais asasinatos dos que realmente cometeu). Na súa fuxida refuxiouse no rancho do seu amigo Pete Maxwell en Fort Sumner. Foi acurralado polos axentes de Garrett. E aquí 14 de xullo de 1881 xorden distintas versións. Unha teoría indica que durante o tiroteo entre Pat e Billy, o Neno foi ferido mortalmente e morreu desangrado. Outra indica que na escuridade da noite un disparo de escopeta no estomago matou a Billy. E non falta a teoría que afirma que o cadáver non era de Billy, é dicir que foi unha farsa que debeu montar Garrett para que puidese escapar, pois este non sabía de certo se o cadáver era de Billy, xa que lle dicía aos seus compañeiros: creo que o matei, pero non se se é el. Esta última versión baséase en que un pistoleiro involucrado no conflito de Tunstall e desparecido en 1882, apareceu anos mais tarde e afirmou que os bandidos que participaron no devandito conflito aínda quedaban tres con vida, entre eles Billy o Neno e que este se escondía en Texas con outro nome. Exponse a seguinte pregunta: morreu Billy o Neno en Fort Sumner ou conseguiu escapar e viviu cunha falsa identidade? Déixase á elección de cada un.

Unha curiosidade é que parece ser que Billy o Neno falaba correctamente o castelán e segundo fontes as súas últimas frases antes de morrer foron: Quiénes son? ou Quién es? Tamén se presume que Pat Garrett deixouno escapar polo que existe en Novo México unha casa en forma de museo que manifesta que Billy the Kid viviu neste lugar, baixo o nome de Bill “Brushy” Roberts. A tumba atópase no cemiterio de Fort Sumner, Novo México.

O que é certo é que o personaxe, non a persoa, de Billy the Kid non viviu para cumprir os 22 anos. A súa figura pasou a ser unha das máis lendarias do Salvaxe Oeste. Realizáronse películas, documentais sobre a súa figura e a lenda ao redor da súa vida. Chegouse a dicir que cometeu tantos asasinatos como anos tiña, contabilizáronse só nove.

A morte de Billy non trouxo gloria a Pat Garrett, todo o contrario. Os artigos que idolatraban a Billy the Kid tratábano como un heroe popular, mentres Garrett aparecía como un vilán por dispararlle na escuridade. Crese que nin recibiu a recompensa de $500.

Despois deste feito histórico que marcou o resto da súa vida Pat Garrett mudouse a Texas, foi nomeado tenente nos Texas Rangers, deixando o cargo ao cabo dun ano para converterse en gandeiro en Novo México.

Foi nomeado polo presidente Theodore Roosevelt en 1901 recadador de Aduanas nel Paso. Ao finalizar o seu mandato non foi renovado e regresou á súa granxa, enfrontándose a grandes dificultades económicas.

Pat morreu nas Cruces, Texas un 29 de Febreiro de 1908 por uns disparos durante unha disputa nas súas terras aínda que o seu asasinato puido ser por encargo.

En 1882 Pat Garrett publicou un libro titulado “A vida auténtica de Billy o Neno”, escrito en colaboración co xornalista Marshall Ashmun. En anos posteriores foi a principal fonte dos historiadores que escriben sobre Billy.

A historia lembraría a Pat Garrett como o home que matou a Billy the Kid.