Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Durante os meses de decembro e xaneiro a biblioteca amplía os seus horarios:
luns 13, 20 e 27 de decembro e 3, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro en horario de mañá,
de 10.30 a 14.00 h a maiores do seu horario habitual

A hora dos contos: Vero Rilo

Público infantil dende 3 anos
Venres, 10 de decembro ás 18.00 h

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que visitan a biblioteca diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de decembro toca a visita de Vero Rilo.

Club de lectura

Socios do club
Grupo 1: xoves, 2 ás 19.00h
Grupo 2: xoves, 16 ás 19.00h
Grupo 3: venres 3, ás 19.00h

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinaroa Marila Ruíz.
O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de in

tercambiar ideas e opinións. Os grupos de lectura son de 6 persoas.

Contos Dakí: Celso Fernández Sanmartín

Público adulto
Venres, 17 de decembro ás 19.30 h

Contos Dakí é un ciclo no que visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do pano- rama galego e internacional, para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea.

Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión, visita do contador Celso Fernández Sanmartín.

Buzón Real

Público xeral
Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro | Horario normal de apertura

O Buzón Real estará do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, no horario habi- tual de apertura da biblioteca Neira Vilas, para que todo o mundo que o desexe poida deixar as súas cartas aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

 

 

 

 

 

Obradoiro Verdecer: Oasis Urbanos

Público infantil
Luns, 27 de decembro ás 11.00 h | Aforo limitado

“Verdecer: Oasis Urbanos” é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais, así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.

Neste obradoiro se aproximará aos nenos aos conceptos de arquitectura sostible e arquitectura bioclimática a través do xogo; dotando aos máis pequenos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa crea- tividade e co fin de espertar interese polo mundo que nos rodea.
Prazo de inscrición: a partir do 1 de decembro.