Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Contos Dakí: Ángeles Goás

Público Adulto
Venres, 12 de novembro ás 19:30 h

Contos Dakí é un ciclo no que visitan a Bibilioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.
Nesta ocasión, o próximo venres 12 de novembro ás 19:30 h, contan coa visita de Ángeles Goás.

Club de lectura

Socios do club
18 e 19 de novembro de 19:00 a 20:30 h

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinaroa Marila Ruíz.

O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de inercambiar ideas e opinións. Os grupos de lectura son de 6 persoas.

Mostras bibliográficas.
Recomendación do mes: Laura Esquivel

Todos os públicos | Do 1 ao 30 de novembro
Horario de apertura da biblioteca

Neste mes, Neira Vilas quere recomendar a obra desta autora e política mexi- cana coñecida internacio- nalmente pola súa obra “Como agua para chocolate” publicada en 1989, traducida a máis de 30 idiomas e levada ao cine polo seu entón esposo Alfonso Arau en 1992. Nela proclamou a importancia da cociña como a peza máis importante do fogar, e promove cambios persoais e familiares como forma de revolución interior. Nas súas novelas, emprega o realismo máxico, característico da súa primeira obra.

En 2014 publicou “A Lupita le gustaba planchar”, a súa primera incursión na novela policíaca, cunha protagonista que é unha muller policía alcohólica, sobrevivente da morte do seu fillo e do abandono do marido e que, ao longo da historia, se converte nunha antiheroína, mentres pescuda no asasinato do seu xefe.
En maio de 2016 publicou “El diario de Tita”, continuación de “Como agua para chocolate”. Coa súa novela “Mi negro pasado”, publicada en novembro de 2017, finalizou a triloxía.

«Como agua para chocolate»

Nunca habían vuelto a recibir noticias de ella, desde que Nicolás le había hecho entrega de su ropa, en el burdel donde había ido a caer. En fin, dejando orear al lado de sus recuerdos las tablillas de chocolate que acababa de terminar, se dispuso a preparar la rosca de reyes. — Laura Esquivel

Asesoramento ad hoc

Todos os públicos
Previa cita, especificando o servizo

A Biblioteca Neira Vilas pon en marcha novos servizos: Bibliolabora, tramitación dixital e asesoramento sobre bibliotecas dixitais. Previa cita, especificando o servizo.
Servizo Bibliolabora
Asesoramento na elaboración de currículos, búsqueda de traballo en plataformas online, etc.
Tramitación dixital
Padrón, cita para ITV, renovación DNI…
Asesoramento sobre bibliotecas dixitais
Asesoramento ás persoas interesadas no seu manexo a través de dispositivos móbiles e programas necesarios para a súa visualización.
eFilm Vigo
Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.