Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Cita a cegas

Público xeral
Do 1 de xullo ao 30 de setembro

A Biblioteca Neira Vilas ofrece unha cita a cegas co que pode chegar a ser un gran amor literario.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poderán levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos se desvele o seu  segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Obradoiro de estampación

Público infantil dende 7 anos
Venres, 12 de agosto
Horario de 11.00 a 13.00 h

Trátase dun obradoiro para público infantil -a partir dos 7 anos- onde o equipo da biblioteca ensinará a deseñar e estampar artesanalmente con técnicas manuais. Cada participante creará o seu propio deseño personalizado que estampará sobre unha camiseta de algodón 100% e que poderá levar ao finalizar o taller. O aforo deste obradoiro é limitado. 

Mostras audiovisuais

Público xeral
Do 1 de xullo ao 30 de setembro
Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema,
documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.

Mafalda, la película
Carlos D. Marquez – 1982

Mafalda, Susanita, Manolito, Felipe, Guille… Todos os personaxes do inmortal debuxante arxentino Quino preséntannos unha divertida longametraxe co que podemos gozar das súas aventuras  máis aloucadas, baixo a súa peculiar visión crítica do mundo dos adultos.

Asesoramento ad hoc

Todos os públicos
Previa cita, especificando o servizo

A Biblioteca Neira Vilas pon en marcha novos servizos: bibliolabora, tramitación dixital e asesoramento sobre bibliotecas dixitais. Previa cita, especificando o servizo.

Servizo Bibliolabora

Asesoramento na elaboración de currículos, búsqueda de traballo en plataformas online, etc.

Tramitación dixital

Padrón, cita para ITV, renovación DNI…

Asesoramento sobre bibliotecas dixitais

Asesoramento ás persoas interesadas no seu manexo a través de dispositivos móbiles e programas necesarios para a súa visualización.

eFilm Vigo

Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.