Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Club de lectura
da Biblioteca Neira Vilas

Socios do club
17 e 18 de marzo de 19:00 a 20:30 h

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinaroa Marila Ruíz.
O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. Os grupos de lectura son de 6 persoas e teñen lugar na Asociación de veciños do Calvario.

Celebración do
Día Internacional da Poesía

Usuarios da biblioteca
Do 21 ao 31 de marzo

Para celebrar o Día Internacional da Poesía 21 de marzo na Biblioteca Neira Vilas porán en marcha xo- gos de creación poética.

Encontro con Defreds

Público adulto
21 de marzo de 19:30 a 20:30 h

José Ángel Gómez Iglesias, coñecido artísticamente como Defreds, escritor vigués de narrativa curta, é un dos autores máis recoñecidos na actualidade xunto a outros nomes como Srtabebi, Nach, Elvira Sastre ou Miguel Gane.

“Unha noite bastante chea de soidade e con moita choiva foi a primeira vez que escribín unha frase sobre algo que me estaba pasando nesa época. En Twitter. Supoño que así comezou todo.
A xente líame, e cada vez máis. Xente que se sentía identificada comigo. Non podía crer que alguén lese con ganas os meus pensamentos.

Chegaron os meus libros. Casi sin querer.
E aí sigo sorrindo, ilusionado como o primeiro día. Como o primeiro exemplar. A verdade que no teño moita biografía, pero si moitos soños”.

Contos Dakí:
Cris de Caldas

Público adulto
25 de marzo ás 20.30 h

Contos Dakí é un ciclo no que visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional, para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea.

Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.

Nesta ocasión, visita a biblioteca a narradora Cris de Caldas cunha sesión de contos adicados á escritora Emilia Pardo Bazán.