Somos Calvario recomenda lectura para o verán
Velaquí unha serie de libros para este tempo de lecer, no que temos máis horas e podemos dedicarlle un rato á lectura. Actividade sempre interesante e que nos fai imaxinar outros mundos e outras realidade.
El peligro de estar cuerda – Rosa Montero
Unha emocionante novela na que a súa autora, Rosa Montero, nos fala da importancia de establecer vínculos entre a creatividade e a inestabilidade mental.
Unha obra de ensaio e tamén de ficción sobre a defensa da diferencia e da tolemia como parte do proceso creador.
Coto privado de infancia – Paco Tomás
Conta a historia dun home homosexual de 52 anos que viviu sempre entre o rexeitamento, o silencio, e a incomprensión da súa contorna ante o acoso escolar.
Rompe coa súa parella e na volta a casa ten que volver a emprender o camiño de remover certas feridas que sempre quedan.
O neno de lume – Ledicia Costas
Unha obra con aroma a conto clásico. Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa.
Busquen a casa das tres irmáse díganlles que son o neno de lume».
O derradeiro libro de Emma Olsen – Berta Dávila
Unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia.
Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo.
A ladroa da biblioteca de Meirás – Eva Mejuto
Unha fermosa historia sobre unha nena e os libros dunha biblioteca. Unha nena á que lle roubaran a casa para facer a residencia do xeneralísimo.
Alí, no Pazo de Meirás, Mariña viviría o medo a ser descuberta pero sempre pensaba porque non ía poder coller os libros prestados desa biblioteca se a ela a súa familia lle roubaran a súa casa.
O libro das rosas – 10 autores
Un total de dez autores escriben un relato co tema central dunha rosa.
O resultado é un libro que, como din os editores, ten diferentes aromas inspiradores dos máis diversos sentimentos. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en todo caso, a verdade. Literatura rosa, pouca. Literatura grande, toda.