Vantaxes e razóns que nos levan a comprar no comercio

O comerciante enmascarado

Moito temos reflexionado nestas liñas sobre as avanta- xes do chamado comercio de proximidade. Desde Somos Calvario sempre tivemos e teremos unha clara vocación de apoiaren todo o que poi- damos aos nosos comercios e aos nosos comerciantes, que día a día nos enchen de servicios.

Sen dúbida cada vez máis estase a poñer de moda e estase valorando máis o comercio de proximidade por riba de outras fórmulas como as grandes plataformas loxísticas ou as grandes superficies comerciais.
Non abonda con que o saibamos, temos que seguir incidindo nas vantaxes e transmitilas a sociedade para que cada vez sexan máis os que se unan aos nosos propósitos.

Falando cos nosos avós, lembran aquelas tendas de barrio, onde podiamos atopar de todo e onde nos xun- tabamos. Naqueles tempos onde as présas non eran tantas e onde aínda había tempo para falar, as tendas ou os ultramarinos constituían un espazo de auténtico encontro.

Sen atascos, sen desprazamentos e vendo de primeira man os produtos, estamos a fortalecer unha nova concepción da saúde do consumidor e un novo xeito de comprar, que ninguén dúbida nos traerá unha mellor elección do que compramos, e unha mellor selección do que precisamos día a día.

Quero recoller aquí, reformulándoas algunhas das consideracións que a organización OXFAM Intermon publicaba hai tempo sobre as avantaxes e as razóns que nos deben levar a utilizar o comercio de proximidade para as nosas compras:
Se todos compramos no noso barrio, estaremos evitando todo tipo de des- prazamentos en medios que son contaminantes e polo tanto estaremos a colaborar a conseguir un mundo e unha contorna máis saudable.

Teremos moitas menos tentacións de mercar o que non necesitamos e poderemos racionalizar mellor os nosos costes, xa que pode- remos comprar día a día sen necesidade de compras abusivas que en moitas ocasións propician gastos innecesarios.

Atoparemos en moitas ocasión produtos únicos ou cultivados por xente que seguro coñecemos e que nos están a ofertar as maiores das garantías para o seu consumo. Produtos frescos e sen aditivos que moitas veces se ocultan.

Estaremos incentivando a economía local. Os cartos que deixamos no comercio dos nosos barrios móvense pola cidade, xeran riqueza na propia cidade e dinamizan socialmente a sociedade que temos máis cerca.

Experimentamos unha forma nova de comprar. Podemos pasear polas nosas rúas mentres compramos, podemos atoparnos cos nosos veciños e veciñas e compartir con eles momentos de parola ou de lecer.
No comercio de proximidade desfrutaremos dun trato moito máis personalizado que nas grandes superficies. Ao final nos coñecen, saben de nós e mesmo nos chaman polo nome neses comercios de toda a vida. Ademais da especialización nos servicios que nos ofertan.

Son polo tanto innume- rables as avantaxes que nos reporta o comercio de proxi- midade. Só temos que reflexionar sobre elo e pensar en que é posible un consumo máis responsable, máis saudable e sobre todo máis sostible que o que nos ofertan as grandes superficies ou as grandes plataformas de ventas on line.
Traballemos todos xuntos, entón, para que os nosos comercios sexan realmente lugares de encontro, lugares de dinamización e de riqueza. Poñamos todos do noso lado.

Os comerciantes innovando e mellorando todo o que se poida a atención e a oferta de produtos. Uníndose e potenciando as distintas asocia- cións de comerciantes, para atoparen máis recursos, para abaratar costes e para poder ofertar maior calidade en todo o que se fai.

Os consumidores non mirando a palla no noso comercio de barrio e deixando para a viga nas grandes cadeas ou nas grandes industrias. Apoiando e suxerindo iniciativas aos nosos comerciantes e, sobre todo, espallando entre os nosos estas realidades e estas avantaxes.

Todos temos diante de nós un grande reto: conseguir uns barrios florecentes con iniciativas sociais e xera- dores de riqueza para todos e todas.