Eficiente e silenciosa, así é a limpeza en Vigo
cidades máis limpas do país é sabido por todos; as múltiples escobas de platino recibidas ao longo dos últimos anos o atestiguan. Pero a recollida do lixo en Vigo non so é eficiente, senón tamén silenciosa e sustentable.
O personal do Servizo de Limpeza do Concello de Vigo cóntanos nesta reportaxe os segredos que se agochan detrás da limpeza dun dos concellos máis premiados de España.
A recollida do lixo é sustentable e eficiente na cidade olívica. Existe todo un equipo detrás que diariamente traballa para que Vigo sexa unha cidade extraordinariamente limpa.
O equipo de limpeza do Concello fai unha aposta clara polo uso de tecnoloxía respetuosa co medio ambiente, con vehículos e maquinaria de carácter eléctrico e de Gas Natural Comprimido (GNC).
Vigo está á vangarda cuns vehículos que se adaptan ao propio tamaño das rúas; con contedores que se baleiran de xeito automático; con camións insonorizados que cambian o gasóleo polo gas…
A compañía responsable da limpeza de Vigo prioriza a sustentabilidade en todas as súas accións, con vehículos e maquinaria de carácter eléctrico (GNC), con clasificación “Zero Emisións”, e equipados cos últimos adiantos técnicos como sistemas de control monitorizado para o baleirado dos contedores ou GPS. Todos os vehículos teñen unha antigüidade máxima de dez anos.
Vigo está á vangarda cuns vehículos que se adaptan ao propio tamaño das rúas
Outra das innovacións do Servizo de Limpeza do Concello son os servizos de barrido mecánico con maquinaria nova eléctrica; o baldeo con maquinaria de última xene- ración; o barrido mixto con barredora e sopladora eléctrica para a caída da folla; a limpeza en brigada con desbrozadora eléctrica; ou a recollida rural con URO-GNC que “Funciona moi ben, é máis suave e moito máis respectuoso co medio ambiente”, coméntanos o conductor dun destes tipos de camión que cobre as zonas de San Miguel, Matamá, Va- ladares, Cabral e Santa Cristina.
URO-GNC é un vehículo especial, de ancho reducido, accesible aos recunchos máis estreitos do rural vigués, que conta cun motor GNC de última xeración.
Este camión recolle todas as mañáns, de luns a domingo, todos os contedores de carga traseira no ámbito rural, atópase á vangarda do sector ao apuntarse á tendencia do gas e deixar atrás o gasóleo, que tende xa a desaparecer. Esto fai que os servizos que se prestan sexan o máis ecolóxicos posibles.
Este vehículo incorpora tamén un sistema específico que garantiza a seguridade dos operarios e detecta cando están subidos nel para que non se poida circular a máis de 20 kilómetros por hora. Ademáis, está provisto dunha cámara que permite ver a parte traseira, de xeito que o conductor non os perda de vista.
Outro dos grandes avan- ces neste senso é o coñecido
como “camión de carga late- ral” operado por un único traballador xa que o baleirado dos contedores realízase mediante un mando desde o interior da propia cabina: “Son camións amplos e cómodos, moi fáciles de mane- xar, e onde non se perciben os malos olores” explican dende o servizo de limpeza do Concello, que engaden: “Teñen un botón roxo de parada de emerxencia por se houbera algún problema ou contratempo.”
Entre os servizos á vangarda do sector atópase ademáis o barrido mecánico, tamén en clave sustentable grazas á nova maquinaria eléctrica. Un campo no que o servizo de limpeza do Concello de Vigo emprega sistemas como a barredora de aspiración de beirarrúas, de ancho reducido e 100% eléctrica. Un vehículo que aporta calidades en emisión de gases de escape nas áreas que usualmente presentan un elevado tránsito peonil.
O mesmo sucede co servizo de baldeo con maquinaria cun sistema de propulsión híbrido GNC-Eléctrico de dimensións reducidas para efectuar a limpeza de rúas estreitas como o Casco Vello.
Esta maquinaria está equi- pada con sistemas de insonorización que permiten rea- lizar eficazmente o traballo sen molestias para as persoas que circulan pola rúa.
Tamén é de destacar a baldeadora de beirarrúas, 100% eléctrica, de ancho reducido con zero emisións de gases de escape.
Que Vigo poida presumir de ser un dos concellos máis limpos de España.
Nos din dende o servizo de limpeza do Concello, débese a aposta pola sustentabilidade e a eficiencia; a vocación de servizo ao cidadán e, sobretodo, ao equipo humano que está detrás, conformado por centos de persoas comprometidas coa limpeza desta cidade.