Nace Banda á Feira, o primeiro certame de cómic do Calvario
Os próximos días 4 e 5 de xuño, no marco da Festa da Alegría e como pistoletazo de saída da mesma, disfrutaremos na peonil do primeiro certame de cómic no barrio, organizado pola Asociación de veciños do Calvario: Banda á Feira. Máis de 30 casetas instaladas na peonil do Calvario acollerán unha exposición con mostras de diversos autores.
O sábado pola mañán inaugurarase o certame Banda á Feira cunha serie de obradoiros de Cómic para, ás 12 horas nos locais da Asociación de veciños do Calvario, realizar unha Master Class sobre técnicas dixitais a cargo de Carles Dalmau. O mesmo sábado, ás seis da tarde na peonil, haberá unha charla coloquio a cargo de Anabel Colazo, para, ás 19.00 horas, realizar sinatura de exemplares con Carles Dalmau , Anabel Colazo e diversos autores locais.
O domingo día 5, ás 11.00h, charla coloquio con Borja González e Mayte Alvarado que, xunto con diversos autores locais, sobre as 12.00 horas, asinarán exemplares das súas obras. Esta primeira edición acolle a catro ponentes de primeira liña no Cómic Español o que, xunto con ese maravilloso cartaz de presentación, obra do ribeirense Julio Martínez, coñecido artísticamente como Das Pastoras, fai prever un futuro prometedor a este certame que na súa primeira edición xa se lle ven trazas de calidade e continuidade.