A voltas coa sanidade pública
Cando chega o verán, case sempre nos últimos anos volven a aflorar as deficiencias importantes coas que nos atopamos os usuarios do sistema sanitario galego. Falta de médicos, vacacións que non se cobren, cerres de camas, aumento das listas de espera, entre outras dificultades coas que nos atopamos.
Escoitabamos días atrás ao Conselleiro de Sanidade explicar nun medio de comunicación, como non se podían cubrir as vacantes pola falta de médicos, e ademais informaba de que a solución estaba sendo a de duplicar as xornadas dos médicos de atención primaria, xa que os pacientes dos que se xubilan, están de baixa ou de vacacións se reparten entre os outros, co conseguinte aumento doa cota de pacientes por médico.
Unha vez máis nos preguntamos se é tan difícil solucionar estes problemas ou si pola contra non será falta de previsión, falta de prioridade, ou que se estea propiciando a sanidade privada en lugar da pública.
Vemos como nas últimas semanas se anunciaba que certos pacientes de traumatoloxía ían ser destinados a hospitais privados. Se imaxinan vostedes que nos centros públicos de ensino, houbera falta de profesores e se tiveran que mandar ao alumnado a centros privados? Irreal verdade? Pois así de irreal é tamén o que está acontecendo co servicio máis fundamental que temos e que ten incidencia moi directa coa nosa saúde.
Debemos aprender nestes dous últimos anos, por mor da pandemia, o importante que é ter un sistema de saúde ben dotado e con todas as necesidades de atención cubertas. Démonos conta na pandemia que un sistema sanitario deficitario pode ocasionar consecuencias tráxicas diante dunha situación extrema.
Falta de recursos humanos, falta de profesionais, eran as causas que o presidente da Xunta Rueda achaba a esta situación. Pero levamos anos e anos padecendo o mesmo problema e ano tras ano vemos como no se lle pon solucións en forma de convocatorias públicas de emprego, en forma de formación máis axeitada a estas necesidade ou en forma de incentivar o achegamento deste profesionais ao noso territorio.
Non teñen sido poucas as diferentes mobilizacións que tanto na nosa cidade como en toda a área metropolitana se teñen feito para demandar solucións. Diferentes plataformas e asociacións veñen demandado actuacións claras que permitan mellorar a atención que recibimos.
Pero nada, unha vez máis vemos como se poñen por diante outras cousas antes que a nosa saúde. Vemos como unha vez máis os poderes públicos se esquecen dos problemas reais das persoas para liarse unha e outra vez en polémicas estériles ou en campañas de promoción que se afastan dea necesidades reais.
Coa saúde non se xoga. Non coa nosa saúde non se pode xogar. Sexa cal sexa a ideoloxía ou a cor política de quen goberne, hai temas que teñen que ser de Estado, e que teñen que levar a un gran pacto político para que quede garantido dunha vez por todas o sistema sanitario público, e quede garantida a atención de calidade a todas as persoas.
Non podemos presumir de praias, de reservas hoteleiras, do ano Xacobeo e doutras cousas máis, se non temos asegurado o noso benestar e a nosa saúde. Cómpre dun xeito urxente, que estes problemas se solucionen para que poidamos estar tranquilos e seguros diante de calquera doenza ou emerxencia sanitaria que poidamos sufrir.
Teremos que seguir mobilizándonos, teremos que seguir esixindo e teremos que seguir loitando, para que nunca teñamos que volver atrás. O sistema de balde e universal da atención sanitario, non se debe poñer un dúbida nunca. E a quen así o faga teremos que facerllo pagar democraticamente.
A sanidade non se vende, se defende.