Doazón de sangue no Calvario

A Axencia Galega de   Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), subministra compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para desenvolver a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

O sangue non se pode fabricar e todos os días é vital para axudar a enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro,  leucemia, transplantes de órganos…

Os hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns cada día para que moitas persoas recuperen a saúde e, mesmo, salvar a vida.

Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e pesasmáis de 50 quilos, podes doarsangue na unidade móbil que visita á zona O Calvario, o luns 1 de agosto en horario de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. A unidade móbil estará situada na parada do bus da rotonda das tres fontes da rúa Aragón (fronte a Mercadona).

Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril e dun só uso.

Para máis información podes contactar no 900 100 828 (liña gratuíta de 8:00 a 15:00 horas).