Vigo Saudable: encontro interxeneracional
Durante os meses de xullo e agosto a Concellalía de Benestar Social do Concello de Vigo organiza actividades interxeneracionais en distintos puntos da cidade.
No Calvario, estas actividades se realizarán todos os mércores entre as 10.30 e as 11.30 horas na peonil, diante do Mercado.
Vigo Saudable é un programa de actividades ao aire libre dirixido ás persoas maiores, pero tamén aos seus netos e familiares. O obxectivo principal desta actividade e xerar un encontro interxeneracional para a realización ao aire libre de diversas actividades como exercicios de quecemento, exercicios de equilibrio, canto en grupo, baile ou técnicas de relaxación.
Esta actividade, que está aberta a todos os públicos, é totalmente gratuíta e non precisa inscripción previa.