Alvorge, unha Freguesía de Ansião
Ansião é unha vila portuguesa no distrito de Leiría, Rexión Centro de Portugal. Ten unha extensión de 179,98 km cadrados e 11.632 habitantes (censo de 2011).
O concello de Ansião está composto por seis freguesíasou parroquias: Avelar, Ansião, Chão de Couce, Pousaflores e Alvorge.
As Fregesias en Portugal son as organización administrativas nas que se divide un Concello. A Junta da Freguesía é o órgano ex
ecutivo da Freguesía. As Juntas de Freguesía son elexidas polos membros das respectivas Asambleas de Freguesía, a excepción do presidente da Freguesía que será sempre o candidato da lista máis votada.
A Asamblea de Freguesía é un órgano elexido directamente polos cidadáns censados na Freguesía.
A Freguesía de Alvorge tren unha extensión de 37,72 kilómetros cadrados e unha poboación de 1227 habitantes (2011), depende no ámbito relixioso á diocese de Coimbra e no administrativo ao
concello de Ansião.
Alvorge, unha das freguesías á que se lle atribuiu o título de Vila, pasou ao longo da historia a depender de varios concellos, dependendo durante varios séculos da Universidade de Coimbra, ata
que finalmente se integrou en Ansião.
É parte desta freguesía a antiga parroquia de Ateanha, unha aldea moi interesante e digna de ser visitada xa que é un exemplo de poboamento rural agrupado na cima do monte. Unha preciosidade artística, co patrón , San Martiño, materializado dende finais da idade media nunha estatua en pedra.
Merece ser visitado o centro urbano de Alvorge, onde podemos atopar a capela da Misericordia; un edificio barroco, anexo ao antigo hospital da vila, onde , na súa fachada, pódese ver o blasón rexio.
A torre de defensa da fonte de Alvorge é o monumento máis antigo e está en ruinas.
A torre da Ladeia, como é chamada, a parte de defender a fonte era un importante equipamento militar na reconquista cristiana e, sobretodo, cando estaba en xogo a defensa da importantísima cidade de Coimbra.
A freguesía de Alvorge, que está atravesada polo Camiño de Santiago e tamén polo camiño de Fátima, é unha freguesía agrícola sendo a producción de aceite unha das súas maiores fontes de riqueza.