Antiga danza de damas e galáns na romaría de San Roque

Xa hai algún tempo que elementos propios da nosa identidade cultural, desgraciadamente mudaron ou perdéronse para sempre.
Uns foron vítimas de falta de funcionalidade social, e ou- tros, dun meticuloso traballo que foi levado durante séculos, por propios e extraños, consi- derando os valores autóctonos como arcaicos, imperfectos ou estorbos para o progreso.
Dentro da mítica Romaría de San Roque, ben coñecida pola xente do Calvario e bisbarra, témolo exemplo dun acto significativo, a día de hoxe esquecido pero aínda recuperable, que é a “Danza de Damas e Galáns”.
Lamentablemente, non foi a única que se foi perdendo na cidade, xa que as de Bouzas, Candeán ou Castrelos tamén forman parte do pasado.

A diferenza destas citadas anteriormente e as de San Roque, por sorte, é o traballo e sensibilidade de persoeiros como o Redondelán Casto Sampedro Folgar (1848-1937), e o Ourensán D. Gerardo Meléndez y Conejo. Grazas a eles podemos saber como eran as figuras, as imaxes e a música desta danza.

De seguido coñeceremos as características dos danzantes e as figuras que Casto Sampedro fixo a finais do século pasado e que recolleu no seu cancioneiro.

Componse de catro damas vestidas con saias de cores; no colo e laterais do corpo, panos de seda; chapeus de palla cubertos con fitas e adornando con plumachos e alguna cadea ou alfinete de ouro. Na gorxa peito e dedos cadeas, alfinetes e aneis de ouro.
En cada man, un pano branco, deixando caer as catro puntas (fan de damas 4 rapaces).

Os galáns son 8, con traxe branco e faixa de seda verme- lla, deixando penduralas puntas nun lado. A cada un destes dous panos de seda vermella, presos nos ollais dos colares da chaqueta nun extremo e, polo outro, entran nos petos. Chapeau de copa alta, con dúas fitas decor formando un lazo do lado esquerdo, do cal sae un plumacho.

O guía loce pantalóns curtos vermellos, medias a listas de cores, chaqueta branca ou verde, pano de seda ó colo do suxeito con dous aneis, chapeu redondo de palla cunha fita e nela, unha pluma vermella, cun pano na man. Todos levan castañolas.
A primeira figura, ou parte, é como un contrapaso, ou unha contradanza, bailada lentamente e sen castañolas. A segunda é máis movida e con castañolas. A terceira é muiñeira máis apurada aínda e tamén con castañolas.
A orde e colocación ó principio e término de cada unha das partes e a seguinte*.
Esta danza organízase en Santa Cristina de Lavadores, preto de Vigo, toma parte na procesión da Virxe do Rosario o 15 de agosto acompañándoa dentro e fóra do templo, facéndose reverencia e saúdos, saíndo de costas á porta, e bailando no adro de Lavadores, como agasallo os concurrentes.
O día seguinte 16 de agosto, “San Roque”, repítese a procesión coa Danza, e xa de tarde, trasládase á Finca precedida do pendón que leva o Mordomo da Virxe.
No portal da casa do Mordomo de San Roque, actualmente o “Pazo”, sae a recibila o Mordomoe pendón do Santo do lugar, con música, crúzanse os pendóns en sinal de saúdo, diríxense a capela, rodéana, entran e saen bailando seme- llante o que se fai en Lavadores, e por último bailan diante dos señores da casa.
O 17 de agosto, ”San Roque vello”, volve a danza dende Lavadores, repetindo todo o do día anterior, co engadido dun molete o seu reparto.
Lévano a presentar á Casa e repiten os bailes. Retíranse para repartilo e desfrútalo, con dúas cabazas de viño o arredor.
O molete ten unha especie de piña grande no centro, e catro menores arredor, todas da mesma masa, as catro damas levan unha o seu anaco coa correspondente piña pequena; o Guía a parte do centro coa piña grande, que lle vai ofrecer o señor da casa, que lle da en troques a propina acostumbrada, estipulada en 3 ou 4 pesetas o Guía e 50 á Danza. Os Galáns levan o resto do molete.
Existen noticias, doutras danzas similares procedentes da Parroquia de Santa María de Castrelos, e tamén hai quen di que nun ano de peste foron unhas 11 danzas as que se reu- niron.
A Danza de Castrelos dei- xou de existir debido a gran rivalidade existente coa de Lavadores, ao mesmo tempo que esta era apoiada pola Casa de San Roque.
Agora, prestemos atención a imaxe da danza que nunha “Xilografía”, Meléndez y Conejo, realizou a finais do século pasado.
A súa autoría case e contemporánea a que recolleu Casto Sampedro, comprobando como ambas fontes de información son coincidintes na descripción dos Danzantes participantes na mesma.
Como curiosidade, se nos fixamos nos rostros das damas, e lembramos a descripción que delas fixo Casto Sampedro, fan de damas 4 rapaces… ¿Será certo?
E xa en derradeiro lugar, nos queda coñecer a parte musical desta danza. Nesta noticia reproducimos un anaco da partitura tal cual está no “Cancioneiro de Casto Sampedro”: Danzas ou farsas de Damas y Galanes de Santa Cristina de Lavadores e San Roque. Vigo, Pontevedra. Número 375.