Con motivo do Día Internacional do Libro…

O pasado día 23 de abril celebrouse como sempre o Día Internacional do Libro. Unha boa data para que todos reflexionemos sobre a importancia da lectura e da cultura lectora.

Non hai moitas actividades tan enriquecedoras como a lectura. Axúdanos a abrir a nosa mente, axúdanos a ele-var a nosa imaxinación e crea- tividade e tamén a viaxar por mundos descoñecidos ou por lugares que nunca poderemos visitar. Desde as máis temperás idades debemos motivar cara a lectura, escollendo libros axeitados para cada idade, para cada gusto e mesmo para cada personalidade.
Hoxe coa chegada das redes sociais e sobre todo de internet, temos ao noso alcan- ce saber nun só segundo un número moi grande de libros por temática, por idade ou por culturas.

Os libros son ademais unhas moi boas ferramentas para elevar o noso nivel cultural en particular e do coñecemento en xeral.

Seguimos recomendando sempre o libro físico en lugar do virtual. Ter nas nosas mans un libro é como un bico da miña nai ou pai, non é o mesmo se mo dan a través dunha pantalla que o feito de sentilo fisicamente.

Esta celebración foi promovida pola UNESCO alá polo ano 1989 e continua celebrándose ata acadar un inmenso número de países nos que anualmente se ce- lebra. O obxectivo deste día, pois, non é outro que o de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual.

Celébrase este día por ser un día moi simbólico na lite- ratura universal, xa que ese día no ano 1616 faleceron tres grandes xenios da literatura mundial: Cervantes, Shakes- peare e Garcilaso de la Vega.

Honrémolos polo tanto neste día achegándonos ao noso mellor amigo: o libro
Desde Somos Calvario, e aproveitando esta data, que- remos recomendar algunhas das últimas novidades.