Concertos, actuacións, exhibicións e moita diversión na Festa da Alegría do Calvario
22 septiembre 2022
-
Durante 12 días, o barrio encheuse de postos de artesanía, espectáculos e actuacións
-
Os concertos do fin de semana atraeron a centenares de persoas
Entre os días 7 e 19 de xuño celebrouse a Festa da Alegría máis variada e dinámica dos últimos anos.
A Festa da Alegría tivo un prólogo os días 4 e 5 coas I xornadas de Cómic “Banda á feira” con exposicións e charlas a cargo de diversos ponentes. O día 10 foi un dos días importantes da Festa da Alegría, xa que un nutrido grupo de máis de 100 persoas viñeron de Portugal para celebrar o irmanamento entre o barrio do Calvario e freguesía de Alvorge. Un stand con productos típicos da zona estivo presente na festa durante todo o día para, á noitiña, realizar unha exhibición de baile típico Rancho de Alvorge. En fin… todo un éxito do que deixamos nestas páxinas, unha pequeña mostra fotográfica.