Hai que reducir as emisións e tamén as omisións

Nestes días a noticia coa que abren case todos os telediarios é o Cume do Cambio Climático. Son moitos países os que asisten, pero a gran maioría da cidadanía pregúntase se vale de algo: poderíase facer a través de videochamada e evitaríase unha gran cantidade de CO2, porque hipocresía é que a maioría dos mandatarios dos países asistentes acudan ao Cume en avións privados -uns 400-. Por citar algún, o Príncipe Carlos de Inglaterra, Jeff Brezos (Amazon), Bill Gates (Mi- crosoft), Leonardo DiCaprio (actor)… e moitos máis.

24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático

Despois do paro obrigado por mor da pandemia Covid-19, reanudouse a celebración da 26 Cume do Clima en Glasgow (Escocia), dende o 31 de outubro ao 12 de novembro, ambos inclusive. A COP26 significa Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, a anterior celebrouse en España, pero de “rebote”, pois, Chile era o país que inicialmente ía celebrar o devandito evento, pero tivo que renunciar á súa organización e celebración debido a situación que pasaba o país latinoamericano, polas revoltas, desordes públicas e o non poder garantir a seguridade tanto para mandatarios como a cidadanía en xeral.

É España quen lle tende a man e en catro semanas estábase celebrando no IFEMA, onde se reuniron por aquel entón 195 países, pero iso xa pasou, e a actua- lidade é outra, no canto de mellorar, empeoramos. Hai que reducir as emisións e tamén as omisións. Máis dun cuarto de século sen solucións e o planeta vai a peor, está sufrindo o incremento da temperatura.
Como dato, segundo a NASA, en 1880 a temperatura media do planeta era de menos -0,16ºC, e entre o 2016 e 2020, por primeira vez superou 1ºC. Iso é debido ás emisións dos chamados “Gases de efecto Invernadero”, que se define como un fenómeno natural polo que uns gases determinados Dióxido de Carbono (CO2), metano, óxidos de nitróxeno (CH4), ozono, vapor de auga, etc. que compoñen a atmosfera, reteñen parte da enerxía reflectida polo chan absorbéndoa e producindo un aumento da temperatura quedando atrapada na Terra.

O aumento de temperatura non é exclusivo dunha época

Son varias as causas que producen este efecto como a combustión fósil, uso de aerosoles, deforestación, queima de bosques e moitas máis. O ciclo da vida estase rompendo, as fortes olas de calor, as enérxicas precipitacións dando lugar a grandes inundacións, non son as únicas culpables do Cambio Climático, pero é este o responsable de que moitas especies animais estean vivindo ao límite da súa existencia e está afectando á vida de todo o planeta. Dicir que é un tema no que moitas persoas non están concienciadas de que debamos colaborar na medida do posible para intentar mellorar e atrasar este gran problema social. O Cambio Climático conta cuns efectos negativos como as sequías, senón chove hai menos comida e auga, obrigándoos a migrar e a facerse a climas aos que non están afeitos. Tamén os desastres naturais teñen o efecto directo na saúde dos animais levándoos a enfermidades que estas poden transmitirse a humanos, que tanto a uns como a ou- tros os pode levar á morte. O Cambio Climático tamén actúa no desxeo dos polos elevando o nivel do mar, moitas cidades costeiras están ameazadas. Para o ano 2050, por exemplo, na nosa cidade, Vigo, prognostícase que o nivel do mar subirá en torno a 25 cm, posiblemente non apréciese, pero en 2100 será de 70 cm e para esa data haberá zonas da cidade xa mergulladas como Bouzas, Beiramar, Guixar, e algunha máis.

A Globalización e o Cambio Climático van unidos. A Globalización brinda oportunidades para o desenvolvemento, pero hai que estar atentos e os países deben estar preparados para cumprir os estritos requisitos de competitividade propios do mundo contemporáneo.

A temperatura global da Terra, cada vez é máis alta

A liberación do comercio e o investimento afectan tamén ao Medio Ambiente. A man do home está presente como é obvio e en definitiva estas circunstancias aféctannos, pois o aumento de temperatura pon en perigo á flora, a fauna e tamén ao ser humano na Terra. No Cume do Clima COP26 esperamos que resolvan propostas, aínda que é moi complexo poñer de acordo a case 200 países.

Para rematar, unha figura non recoñecida nin tampouco mencionada na actua- lidade, pero que está, é un fenómeno inxusto ocasionado por zonas máis ricas cu- xas causas e consecuencias son os responsables deses efectos en zonas máis pobres. Son os chamados refuxiados climáticos.

Segundo os expertos, imos camiño dos 4 grados centígrados.
Lograremos en 2050 manternos entre os 2 e 1,5 grados centígrados? Ou so é Bla, Bla, Bla…