Non se soporta esta subida. Sempre perden os de sempre?
Non adoitamos desde estas liñas poñernos catastróficos ou pesimistas por natureza, pero a verdade é que o que se non vén enriba non anima para nada ao optimista.
A inflación sigue subindo e alcanzando límites históricos; os prezos dos combustibles e da electricidade non baixan á velocidade coa que subiron nos últimos meses. E mentres todo isto ocorre cada vez nos custa máis encher o noso carro da compra; os salarios para nada se revisan segundo o IPC e como en todas as crises, os que menos teñen, ou sexa a clase media e baixa somo os que peores consecuencias sufrimos.
Tivemos no 2008 a crise dos bancos e da burbulla inmobiliaria, e a pagamos os traballadores con baixadas e recortes de salarios que en moitos casos chegaron ata o 15% e que nunca máis se recuperaron. Tivemos, entre todos, que rescatar a unha banca que se estrelou diante da súa mala xestión e da súa ambición desmesurada.
Tivemos despois unha pandemia da que saímos grazas aos esforzos de todos e todas, sobre todo dos comercios que tiveron que pechar, da hostalaría que tivo que rebaixar ao límite os seus beneficios, e grazas aos miles e miles de traballadores e traballadoras que tiveron que soportar os numerosos ERTES coa reducións en salarios que tiñan atribuídos. Naqueles momentos as grandes plataformas fixeron o agosto, mentres os pequenos e medianos comercios se quedaban atrás.
Cando estabamos recuperando o sorriso, e cando comezabamos a recuperar o pulso económico, aparece o SR Putin coa súa inexplicable guerra e de novo volvemos ás penurias económicas e ás dificultades polas que volven a pasar os que menos teñen.
Agora son as eléctricas, as empresas de gas, a banca e demais poderes económicos a poñerse as botas, moitas veces coa desculpa dunha guerra que está a servir en moitas ocasións como o grande paraugas onde se camuflan subidas de prezos desorbitadas e prácticas de lucro desmesurado como hai tempo que non asistiamos.
O colmo dos colmos diante desta situación é que cando o Goberno anuncia os impostos especiais aos bancos e as eléctricas polos seus beneficios extraordinarios, ollo, polos seus beneficios extraordinarios, comezan a protestar e anunciar que isto vai a ocasionar prexuízos aos propios consumidores (chantaxe como adoitan a facer sempre). Non é de recibo estas propostas cando seguen subindo os tipos, cando seguen presentando os maiores beneficios das súas historias e cando as eléctricas seguen facendo o seu agosto particular.
Se estas grandes empresas protestan, que terían que facer os traballadores e traballadoras? Traballadores e traballadoras que ven día a día como a inflación está subindo máis dun 10% e o seu salario non sube ou para que o faga un 2 ou un 2.5% nos mellores dos casos téñeno que pelexar moi durante nas negociacións dos convenios, e en ocasións saíndo á rúa para defender os seus dereitos.
Que terían que facer as familias con todos os seus membros en paro, ou aqueles e aquelas que ven como cada vez lles custa máis chegar a fin de mes.
En todas as democracias modernas, os gobernos teñen que traballar pola distribución da riqueza e sobre todo entre os que menos teñen, e facelo a costa dos que máis ganan e dos que máis beneficios xeran coa súa actividade. Non entendemos as protestas deste dous grandes sectores económicos cando os millonarios dividendos que reparten son sempre o froito dos nosos aforros e dos que superan as súas dificultades a base do esforzo diario.
Aplaudiremos desde Aquí Teis todas as medidas que se tomen para distribuír as riquezas entre todos e todas e sobre todos aquele e aqueles que o estean a pasar peor.