O vello cruceiro de O Calvario

Hoxe atópase incrustado nun muro lateral da igrexa de Lavadores

Unha das construccións máis antigas e singulares de O Calvario, foi o vello cruceiro hoxe desplazado do seu lugar orexiste. A sua existencia é descoñecida para moitos dos actuais veciños. Situábase, como seu nome indica, nun cruce de camiños: os de O Cristo (ao que dará nome) ata o de Riomau ou do Triunfo (hoxe rúa Extremadura), coa antiga estrada de Vigo-Villacastín, rematada neste primeiro tramo en 1834, hoxe parte alta da rúa Urzaiz e popularmente coñecida dende hai poucos anos como Paseo do Calvario. Estaba ubicado ao rente do desaparecido comercio “La Mota”, fronte ao edificio da Caixa de Aforros (agora Abanca).

As encrucilladas sempre tiveron na mentalidade galega un carácter “máxico”, a cabalo entre a superstición e a relixiosidade. O cruceiro ven a sacralizar o lugar. Des- coñécese o motivo da súa construcción (ofrecemento, misas pola ánima, etc) pero ten sen dúbida un senso apotropaico, e decir, de protección dos camiñantes, de culto ou, como logo veremos, asociado a unha festa piadosa. Á marxe era motivo de prestixio ante a comunidade de quen mandou erguelo.

A decir dese pozo da memoria histórica do barrio que foi Francisco (Paco) Quintela Gómez no ano 1980, cara a 1910 subiuse ao pedestal un veciño de Ceboleira, chamado “o reuto”, que xunto con “xa acordei” eran os dous mendigos máis populares da zona, desplomouse e sufriu algúns desperfectos, quedando desde aquela coxo para sempre o primeiro. Acordouse posteriormente, ao tratarse dun elemento relixioso, trasladalo á igrexa de Santa Cristina de Lavadores, colocándose dentro dunha fornela na fachada frontal antiga, pero cando en 1962 ao engadirselle ao templo unha especie de soportal, adicionouse ao cabo dereito (esquina oeste) da portada, no que ainda agora se atopa. Orixinariamente estaba colocado sobor dun pedestal, como é propio, flanqueado por unhas columnas de pedra e iluminado por uns farois; matina que os ditos postes ficarían tirados perto da Casa Municipal de Lavadores, e que quedarían soterrados ao andar do tempo.

O material en que está (e todos) construido é o granto do país, tanto por ser o máis abondante na zona, como pola sua resistencia á erosión xa que adoitan estar ao descuberto, e tamén por ser coniderado “nobre”, ainda que non sexa doado de traballar.

Neste cruceiro distínguese con nidia claridade duas feituras. A máis recente abarca o bastidor rematado en semicírculo ao que está adosado, a base con dous escanos, a semicolumna cunha moldura inferior, o chanzo que soporta o capitel, todo pegado ao enmarque, e a cruz, agás o rectángulo superior. Fáltalle a plataforma coas grades e a base que adoita ser cuadrangular, amais da columna cilíndrica. O trazo desta parte nova é impecable, froito da habelencia do canteiro e de mellores recursos técnicos.

Do primitiva resta a fi- gura do Cristo e un anaco superior da cruz no que hai unha cartela coa inscripción INRI (acrónimo de “Iesus Nazarenus Rex Iudeorum”: Xesus Nazareno rei dos xudeos, posto polos romanos con carácter sarcástico); é bastante frecuente nos cruceiros de todo capitel é de feitura moi sinxela rematando nos cabos nunha voluta pouco desenvolvida, o que lle dá unha feitura clasicista.
A testa do Cristo, lixeiramente virada á dereita, presenta unha expresión serea, diríase que de morto, con barba puntiaguda moi marcada o mesmo cos seus longos cabelos, cinguidos pola coroa de espiñas. O anaco da cruz que se conserva imita á madeira. Como todos ten tres cravos. Destaca o pano que cubre parte do corpo cheo de pliegues, máis acertado. Non demasiado naturalista por desproporcionado, mantén os brazos e as pernas estiradas sen a flexión que esixe a postura. A metade inferior está mellor tratada ca superior. Estamos ante o traballo de un canteiro que non amosa unha grande calidade, así pode cualificarse como unha obra netamente “po- pular”, como outras moitas do pais.
Ainda que hai cruceiros na bisbarra nos que só aparece representado Cristo na cruz (cemiterio de Cabral, camposanto de Candeán, adro de Comesaña), son pouco frecuentes, e dado que unha parte foi estragada, e posible, pero sen pa- sar de mera hipótese, que no anverso houbese outra figura, en todo caso o máis común é que fose unha re- presentación da Piedade. É unha reflexión e namais iso.

A cronoloxía é moi difícil de precisar con certeza, así que de seguro correspon- dería a unha obra propia da chamada “piedade barroca”, que se extende nun amplo arco que vai da Contrareforma á que deu pulo o Conci- lio de Trento (1545-1563) e que abarca o século XVII e se extende ata mediados do século XVIII.
O estado de conservación actual dese cruceiro pode cualificarse de bo, se ben a banda superior esta atacada por líquenes, e polo tanto merecente de limpeza.

Segundo o farmaceútico e Cronista Oficial da Cidade de Vigo José Espinosa, na sua obra Tierra de Fragoso (1949) conta que se festexaba ao Cristo e unha procesión chea de devotos, ía desde a igrexa de Lavadores ata o lugar no que ficaba o cruceiro, pero ao desapareceren aquela imaxe, a romería rematou por desaparecer.

Este exemplar aparece representado no ilustrativo libro de Alfonso Rodríguez Castelao As cruces de pedra na Galiza (Buenos Aires, 1949), concretamente e a lámina XLVIII e a figura 65, a.