Os mellores churros están no barrio do Calvario
Os churros son unha masa de fariña cociñada en aceite. Son un producto típico de Portugal, España, Francia, Bélxica e Latinoamérica. Pertence ós productos denominados “froita de Sartén”, que é como se lle chama ás elaboracións culinarias de fritura en aceite. Existen varias teorías sobre a súa orixe, dende que proveñen de China, exportados a Europa polo portugueses ata outra teoría que di que foron inventados por pastores españois como sustituto do pan fresco.
En todo caso, auga, fariña e aceite. Unha forma simple con un resultado gostoso e crocante que, xunto co chocolate, e xa un clásico no almorzo de ano novo. No Calvario temos varias churrerías onde satisfacer o paladar e darlle gusto ó corpo coa chegada do frío. Temos varios clásicos no barrio, e un deles é a “Churrería Manolito” na rúa do Cristo, que ten reparto a hostelería e funciona como café bar todo o ano. Hai varios anos houbo un cambio na dirección doutro clásico, “Churrería Carmen”. O próximo mes de febreiro cumpriranse oito anos dende que Isabel, unha moza emprendedora, modernizou a marca sen renunciar á calidade de sempre. Situada na rúa San Roque dende hai máis de 23 anos, e cun compromiso claro cos clientes, dende Churrería Carmen non so atenden con todo o cariño ós que acuden a San Roque, 110, tamén serven ós hosteleiros da cidade puntualmente cada mañán. Outra das churrerías que converteuse noutro clásico é Filipo, en Urzáiz 184, nas galerías do Calvario. Abre todo o ano de 7:00 a 22:00 h. Outra opción, situada en plena peonil, é Qué Churros! O seu éxito: friten os churros con aceite de oliva virxe extra e o chocolate é mestura de belga puro con outros, para que teña máis sabor a chocolate. Sérvenos no local, para recoller e tamén os envían a domicilio con reparto propio e a través de Just Eat.