Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Día de las escritoras: “Leer las edades de la vida”

Público xeral | Luns, 18 de outubro
Horario: de 17.00 a 20.30 h

O 18 de outubro é a data que a Biblioteca Nacional propón para celebrar o “Día de las escritoras”, así que ao longo desta xornada toda aquela persoa que leve en préstamo libros escritos por unha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co lema deste ano, “Leer las edades de la vida”, e unha cita literaria dalgunha autora destacada. Paralelamente a esta celebración, durante todo o mes de outubro, Neira Vilas contará coa mostra bibliográfica na que presentará diferentes libros de destacadas escritoras, que estarán dispoñibles tanto para consulta como préstamo.

 

Contos Dakí: Quico Cadaval

Público Adulto
Venres, 29 de outubro ás 19.30 h

Contos Dakí é un ciclo no que visitan a biblioteca algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indife- rentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión, visítaos o contador Quico Cadaval.
Aforo limitado. Prazo de inscrición: a partir do 15 de outubro.

Día das bibliotecas. Lectura asistida con cans

Centro AFAGA – Hora: 10.00 h
Público infantil entre 5-9 anos – Hora: 18.00 h – Venres, 22 de outubro

Para festexar o Día da Biblioteca, realizarán un par de propostas dife- rentes na biblioteca. Contarán de xeito especial coa visita duns animaliños que normalmente non poden entrar, pero nesta ocasión e por tratarse de cans terapeúticos serán os protagonistas. Pola maña realizarán un Obradoiro de intervención asistida con cans para os usuarios de AFAGA no que se promoverá a colaboración e se fomentará a empatía e a autoestima ao tempo que supón unha fonte de entretemento, diversión e xogo.

Pola tarde, o público infantil terá a oportunidade de participar nun Obradoiro de fomento á lectura recreativa no que se busca que os nenos e as nenas adquiran un hábito de lectura como entretemento e que desenvolvan unha conciencia sobre o coidado dos libros, dos animais e das relacións interpersoais. Aforo limitado. Prazo de inscrición: a partir do 1 de outubro.

Asesoramento ad hoc

Bibliolabora, tramitación dixital e asesoramento
sobre bibliotecas dixitais

A Biblioteca Neira Vilas pon en marcha novos servizos: Bibliolabora, tramitación dixital e asesoramento sobre bibliotecas dixitais. Previa cita, especificando o servizo.
Servizo Bibliolabora
Asesoramento na elaboración de currículos, búsqueda de traballo en plataformas online, etc.
Tramitación dixital
Padrón, cita para ITV, renovación DNI…
Asesoramento sobre bibliotecas dixitais
Asesoramento ás persoas interesadas no seu manexo a través de dispositivos móbiles e programas necesarios para a súa visualización.
eFilm Vigo
Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.