Programación de actividades na Biblioteca Neira Vilas

Ampliación de horario: a biblioteca abrirá os luns 6 e 13 de xuño en horario de mañá, de 10.30 a 14.00 h a maiores do seu horario habitual.

ECOBIBLIOTECA: adopta unha semente

Do 1 ao 7 de xuño Público xeral e entidades

Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente, durante a semana do 5 de xuño a biblioteca entregará ao público usuario e entidades que así o desexen unhas sementes xunto cunha carta de “adopción”. Ao longo do ano a biblioteca fará un seguemento das plantas e do seu crecemento. Con esta actividade, a biblioteca únese as accións para promover a implantación da Axenda 2030 de  Desenvolvemento Sostible da ONU.

A hora dos contos: Migallas Teatro

Público infantil a partir de 1 ano
Venres, 3 de xuño ás 18.00 h – Aforo limitado

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que visitan a Biblioteca Neira Vilas diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis  pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xuño visita a biblioteca Migallas Teatro.

Club de lectura

Público participante do club
Grupo 1: xoves, 16 de xuño ás 19.00 h
Grupo 2: venres, 17 de xuño ás 19.00 h

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. Os grupos de lectura son de 6 persoas.

Contos da lingua

Xoves, 9 de xuño ás 19.00 h
Público xeral – Aforo limitado

Contos da lingua é unha
divertida sesión de contos para tódolos públicos a
cargo das alumnas e alumnos do CIOV, o Centro de
Interpretación da Oralidade de Vigo creado polo
Servizo de Normalización
Lingüística (SNL) do Concello de Vigo.
Animádevos grandes e
pequenos a gozar das historias.

Mostras bibliográficas
Recomendación do mes: Cristina Peri Rossi

Do 1 ao 30 de xuño
Todos os públicos

Poeta e novelista uruguaia nada en Montevideo, no 1941. A súa nai, mestra, iniciouna no amor á literatura e a música, e instruíuna nos ideais feministas de igualdade. Traballou e estudou ata licenciarse en Literatura Comparada, cuxo ensino exerceu durante moitos anos. A súa primeira colección poética constituíu un pequeno escándalo polo seu erotismo e as súas transgresións  sexuais. Desde entón publicou numerosos libros que gozaron do aprecio da crítica e os lectores: «Evohé», «Descripción de un naufragio», «Diáspora», «Lingüística general», «Europa después de  la lluvia», «Amores equivocados», «Desastres íntimos» ou «Todo lo que no te pude decir», entre outros. A súa obra foi traducida a varios idiomas e galardoada cos máis prestixiosos premios  literarios, entre os que se atopa o Premio Cervantes 2021.