Proxecto “Volta a Galicia 700… Sobre os nosos pasos” da Asociación FRANGIL

O obxectivo principal da iniciativa é dar a coñecer, a través do movemento, toda a información
relacionada coa doazón de medula ósea

A Asociación FRANGIL foi creada no ano 2017 por David Gil coa intención de traballar  en prol da donación de médula ósea e de sangue do cordón umbilical, para que as persoas con  enfermedades hematolóxicas teñan unha nova oportunidade de sair adiante atopando un doante compatible non emparentado.

O inicio das actividades comezaron no ano 2009 cando David Gil, responsable da asociación, percorreu en 10 días máis de 500 km unindo os sete hospitais en Galicia onde se formalizan os novos  rexistros de doantes. En cada centro entregaba 100 camisetas destinadas aos próximos doantes de médula.

No ano 2019, celebrando o 10 aniversario de aquel reto, decidiu repetilo en formato de relevos, entregando 700 camisetas en 4 días consecutivos.

Este ano 2022 repetirase de novo, pero neste caso para pechar un ciclo. Cinco etapas consecutivas entre os días 8 e 12 de outubro.

Esa foi a esencia da primeira volta, repetida no ano 2019, que agora, neste ano 2022, pretende pechar o círculo baixo o lema “Volta a Galicia 700… Sobre os nosos pasos”.

O percorrido será o  mesmo que nas dúas edicións anteriores, pero en sentido contrarioás agullas do reloxo.

Correrán en formato de relevos cada 5 km durante 5 etapas para visitar os sete complexos hospitalarios de Galicia onde se formalizan as doazóns.

O obxectivo principal de FRANGIL é dar a coñecer á sociedade, a través do movemento, toda a información relacionada coa doazón de médula.

Se estás interesado en colaborar con esta fantástica iniciativa podes facelo a través da páxina www.asociacionfrangil. org ou da plataforma inscribirme.com onde teñen aberto un crowdfunding a  través do que se pode aportar un pequeno gran de área.

Todo este traballo solidario non se podería realizar sen a axuda desinteresada de moitos particulares e establecementos comerciais. Aquí, no barrio do Calvario, son varios os que participan:  Autocaravanas Aurora, Cafetería Alaska, Frutas Sol, A pita cega, Miguel Fotógrafo, Copi Art e, tamén, a parroquia da Inmaculada Concepción.