RECORTES

O PROFE DO CALVARIO.

Estes últimos días vimos de presenciar a loita que o Napa do colexio Firan de aquí de Teis, levaba a cabo para evitaren o peche dun alua de educación infantil.

Á hora do peche desta edición parece que se ten chegado a un acordo cos consellería de Educación, aínda que polas noticias que saen parece inevitable o peche da devandita aula, conseguindo a cambio unhas melloras en persoal. Non esquezamos que estamos a falar dun centro educativo que ten recibido numerosos premios e distincións pola súa calidade educativa, distincións mesmo pola administración galega.

Todo isto, a quen escribe o leva a unha reflexión, que quero compartir en voz alta a través deste modesto xornal.

Que esta a primar nas liñas que marcan as nosa administración educativa en Galicia? Priman os niveis de calidade, de formación, de integración escolar e de atención educativa, ou simplemente os indicadores económicos?

Agora que estamos a asistir a un descenso claro da natalidade, non sería o momento de ir baixando as rateos nos centros educativos, que a calidade educativa e a atención individualizada sexa unha realidade?

En lugar de pechar aulas non sería mellor aproveitar ao profesorado para reforzar máis aquelas facetas educativas menos atendidas, ou para reorganizar os centros para que sexan máis innovadores ou para que apliquen unha metodoloxía máis activa, algo que co actual número de alumnado por aula é imposible?

Por que non pode ser o ensino deficitario, como o son outros servicios menos indispensables? Por que concedemos subvencións a fondo perdido a industrias, para Retes…(algo que está moi ben) e estamos vendo o euro nas aulas escolares?

Nestes últimos meses vivimos nas nosas propias vidas, o nefasto que supón recortar en Sanidade, o que supón o non ter suficientes profesionais ou mal contratados, para cando chega unha traxedia como a da pandemia. Dámonos conta do necesario que é investir, que non gastar, en investigación, cando se trata de desenvolver antídotos eficaces que nos salven vidas.

Os cartos que se destinan ao ensino, non é un gasto, é un investimento para o noso futuro e para o benestar de toda a nosa sociedade.

Non podemos deixar de atender un servicio básico e que ademais obriga as nosas administracións. Xa que tanto apelamos en ocasións a Constitución, que non se nos esqueza nunca que o acceso á educación é un dereito fundamental das persoas, e que se deberá velar para todos e todas podan acceder a ela en igualdade total de condicións.