Recuperar o monte queimado

O lume, avivado polo vento e alimentado pola gran cantidade de maleza sen limpar, destrúe todo o
que atopa por diante.
  • Por J. Carrera

Os montes seguen ardendo, a realidade é que está a ocorrer en máis de media España. O monte é riqueza e vida que se está queimando. A fumareda visible todos os días clama ao ceo porque o  lume se está levando por diante, os verdes bosques, a fauna e algunha vida humana.

Para que haxa chamas
necesítanse tres elementos básicos:
calor, osíxeno e combustible.
É o principio fundamental
da teoría do triángulo de lume

O abandono e a falta de sensibilidade cara á agricultura e a gandaría, vendo os recortes para as tarefas de prevención e limpeza son factores a ter en conta na Lei 3/2007 de 9 de abril de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.

Un incendio arrasa por completo todo o que atopa por diante, ben é sabido que o resultado unha vez apagado, é de todos coñecido. Hai que previr o terreo ante a chegada das primeiras choivas, se  antes de arder as árbores e a maleza actuaban como un manto protector, unha vez que foi arrasado polas chamas, está desprotexido, polo que a auga da choiva ao caer directamente sobre esa terra  erosionada e seguramente con forza, non se fixará no terreo sendo arrastrada.

Chan de monte queimado rexenerado a través dos anos // J. Carrera

Por esa razón, é importante protexer esa capa de cinzas cargadas de nutrientes porque, vai ser a base para a rexeneración das plantas. Segundo os expertos, as primeiras actuacións son  inicialmente a implantación dunha cuberta vexetal herbácea sementando a boleo e sen ningunha preparación do terreo cunha mestura de sementes que se desenvolverán rápidamente, fixando así  a capa de cinzas e os nutrientes. Co acolchado da palla e doutros materiais como cortiza de piñeiro, achas de diferentes árbores, favorece o crecemento das gramíneas e leguminosas que previamente mesturamos, evitando o arrastre dese material no momento de haber precipitacións.

A importancia do chan forestal, está en que os montes son fonte de riqueza, cumpren importantes funcións ecolóxicas e entre elas, o mantemento da biodiversidade, proporciona bens para a  supervivencia humana (osíxeno, madeira, fibras, alimentos, caza, cría de gando, turismo, etc.) e unha gran variedade de especias vexetais e animais. O monte regula o clima, conserva o chan e a  atmosfera.

Os incendios son un dos principais factores da degradación e a perda de chan. Hai que diferenciar que a vexetación é un recurso renovable, sempre que exista chan, se se perde a causa do lume e  quedando roca ao descuberto, como se ven na actualidade en moitos montes, ese chan tardará bastantes anos en formarse ou xa non se formará, dando lugar á desertificación, que é o que está a  ocorrer pola intervención do home, actuando, na destrución da cuberta vexetal, exceso de cultivos, falta de auga, incendios, etc…

Quizá non nos estamos dando conta que cando se fala do quecemento global e dise que unha parte considerable da costa vaise a quedar mergullada, non nolo cremos, o avance lento das sequias xa  é evidente, e aos poucos créase unha tendencia crecente cara a unha maior aridez do terreo, particularmente a causa da escaseza de auga.

Chan gretado na beira dun río // J. Carrera

Nos últimos días, están a difundir a raíz da modificación da Lei de montes que os incendios presuntamente intencionados”, teñen como finalidade unha revaloración do terreo para construír parques eólicos e tamén instalar placas solares. Esta modificación da Lei segue como estaba no referente a que non permite recalificar automáticamente o terreo e deben pasar 30 anos desde o incendio ou, xustificar o seu uso antes de transcorrido ese tempo. Segundo os entendidos no tema, non é necesaria a recualificación dun terreo para a construción de parques eólicos, un bulo?

Os veciños ven con impotencia
o resultado da traxedia que os
tivo en albas a causa das chamas
polas cales foron evacuados

Volvendo ao asunto dos incendios, para que haxa  lume, necesítanse os tres elementos básicos: calor, combustible e osíxeno. A teoría do triángulo do lume, eses elementos son os necesarios para  que arda o monte, falta, a intencionalidade, o interese, abandono (de todos sabido), o negocio, a climatoloxía, etc. Tamén como aludiamos antes, hai que convivir con él, é o cambio climático o que fai que os lumes comecen antes da data de calendario respecto a anos anteriores, son máis grandes e por tanto necesítase aumentar e adaptar medios de extinción a esa nova realidade incendiaria,  ben sexan públicos ou privados, causan máis dano e ademais son difíciles de extinguir, o monte ben planificado e limpo, arde menos.

Insistir unha vez máis, que o abandono do rural implica ver pobos fantasmas nos que non hai moitos anos había vida, significa que non hai mantemento nos montes e leiras, os animais eran quen o facían, agora a maleza crece sen control e é o combustible perfecto para as chamas.

En Galicia, o PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia) mobiliza a máis de 7000 efectivos cada verán, está comprobado que non son suficientes. Cada vez  que os incendios como deste ano 2022, así como os anteriores, fanlle reformas á Lei, pero non son efectivas, por exemplo, se partimos da base que, nas zonas da Rede Natura, non se poden facer c  cortalumes, xa repetitivo, hai que limpar as leiras e franxas ao redor das casas, despois de nada serven os queixumes de que arden casas, coches, ferramentas, maquinaria, etc. se non se fai que se cumpra a Lei.