Resonsabilidade de vivir
Cartas ao director
Estiven moitos anos traballado e vivindo fora de Galicia. Procuraba regresar todos os veráns aínda que fose so uns días e procuraba, tamén, estar atento ás noticias do día a día a través das edicións dixitais dos diarios galegos.
Dende principios deste ano, case rematada a miña vida laboral, resido novamente na miña cidade e no meu barrio da infancia.
Regresei e atopei un barrio cheo de vida, cheo de xente con presa pero aínda con tempo para botar unha pequena parrafada ao cruzarse cun vello coñecido na peonil.
Chega agora o outono. O tempo de cambio, o tempo de muda.
Debemos aproveitar a estación para mudar o medo pola res- ponsabilidade, pola responsa- bilidade de vivir.
Pasará o inverno e chegará a primavera, coa renovada ilusión da vida e, ali, na nosa peonil, volverán os bicos e os abrazos aos que nunca renunciaremos.
Porque a vida sempre se abre paso e a peonil é un río de vida.