Un novo espazo de uso público no Calvario
23 septiembre 2022
O histórico local situado no número 58 da rúa Ramón Nieto pasará nos próximos meses a ser de titularidade pública.
Propiedade da Cooperativa de Agricultores Santa Cristina de Lavadores, este edificio foi proxectado polo arquitecto Manuel Gómez Román e inaugarado no ano 1911.
Esta construcción modernista tivo diferentes usos ao longo da súa dilatada historia, sendo incluso, ata que foi desacralizada nos anos setenta do século pasado, igrexa da parroquia de A Inmaculada Concepción, percursora da actual igrexa dos Picos.
O concello de Vigo chegou a un acordo coa Cooperativa de Agricultores para adquirir este espazo por un importe de 177.000 €.